O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia o "roubo" dunha faixa "contra o espolio eólico"
Por Redacción
As queixas do BNG de Cerdedo-Cotobade seguen á orde do día. Ás alegacións presentadas con anterioridade con motivo dos tres novos proxectos eólicos (Tramontana, Siroco e Rula) e aos de Porto Vidros e Campo das Rosas, únese a denuncia do roubo dunha faixa que estaba en contra do proxecto.
Desta forma, o partido nacionalista acusa do roubo dunha faixa de máis de 5 metros colocada na recta de Chan, en Carballedo. Segundo o grupo municipal, a faixa era a utilizada nos actos de denuncia "contra o espolio enerxético que estamos a sofrer" e "foi roubada esta pasada noite".
O portavoz do grupo nacionalista, Ernesto Filgueira, explicou que a faixa a colocaron o pasado martes diante de numerosos veciños da localidade, pero este domingo xa non estaba, segundo puideron ver varios membros do BNG que achegáronse ata o lugar. Comprobaron que, efectivamente, "non había restos da faixa máis si as bridas cortadas e tiradas no chan".
Relacionadas:
-
Cubela e os veciños de Cuíña rexeitan os eólicos e trazarán estratexias contra eles
Por Redacción |
-
Os socialistas de Cerdedo-Cotobade apremian a Cubela para alegar contra o parque eólico "Rula"
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade presenta alegacións aos eólicos de Siroco, Tramontana e Rula
Por Redacción |
-
Unanimidade de todos os partidos en Cerdedo-Cotobade contra os parques eólicos Siroco e Tramontana
Por Redacción |