Cubela e os veciños de Cuíña rexeitan os eólicos e trazarán estratexias contra eles
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado pola tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro e a concelleira Belén Casado reuniuse este venres cos veciños de Cuíña, na parroquia de Quireza, para intercambiar información sobre os distintos proxectos eólicos que afectan a esta zona.
Co obxectivo de establecer estratexias conxuntas para defender os intereses dos veciños e veciñas deste lugar, Cubela volveu reiterar a posición contraria do Concello a instalar os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas e o dos Cotos e manifestou o seu apoio nas reivindicacións.
Cubela destacou que non queren que "ningunha empresa enerxética instale aeroxeradores nas inmediacións de Cuíña, entre elas unha que pretende establecer un muíño de vento a 522 metros das vivendas deste lugar" e lembrou que o Concello está posicionado en contra e xa presentou informes negativos en contra ante os organismos que tramitan estas solicitudes.
Ademais, informou dos pasos dados en contra dos proxectos eólicos de Porto Vidros, Campo das Rosas e, últimamente, dos Cotos e agradeceu o intercambio de información para manter unha unidade de acción e defensa dos intereses dos veciños e dos lugares do municipio afectados polos proxectos eólicos.
Por outra banda, os veciños asistentes confirmaron que unha das empresas enerxéticas responsables dun dos proxectos eólicos amosara interese en poñerse en contacto cos veciños e establecer vías de comunicación para explorar vías de acordo futuro.
Por último, Cubela agradeceu o intercambio de información e manifestou que "neste tema o Concello e eu mesmo me comprometo a ir da man dos veciños na defensa dos seus intereses e antepoñer o benestar e o ben común a calquera outro condicionante".
Relacionadas:
-
Haberá recursos xudiciais do Concello e dos comuneiros ao estudo ambiental de Os Cotos
Por Redacción |
-
Os comuneiros e a corporación unen forzas contra os macroparques eólicos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Marcha do BNG contra os parques eólicos de Porto Vidros e Campo das Rosas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas informa desfavorablemente sobre a liña de alta tensión de dous parques eólicos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade súmase á xornada de protesta convocada en Galicia pola Coordinadora Eólica Así Non
Por Redacción |
-
O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia o "roubo" dunha faixa "contra o espolio eólico"
Por Redacción |
-
A corporación de Cerdedo-Cotobade apoia as alegacións do Concello ao parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico de Porto Vidros
Por Redacción |