Representantes do BNG visitan o Monte Castrove para mostrar a súa oposición ao proxecto de parque eólico
Por Redacción
Representantes e militantes do BNG visitaron o Monte Castrove para mostrar a súa oposición ao proxecto de parque eólico. O deputado nacionalista, Luís Bará, calificou o proxecto como "moi agresivo" e fixo fincapé en que suporía "unha grande desfeita no territorio polas obras de construción, de apertura de grandes viais, de canalizacións e polos propios aeroxeradores e a súa subestación, que terían un grande impacto no ecosistema, no patrimonio cultural e natural da contorna, e nos recursos hídricos".
Tamén alertou de que se trata dun proxecto "que corresponde a un modelo depredador do territorio" e "é só a punta de lanza dun de máis envergadura, xa que forma parte dunha area de desenvolvemento eólico de varios miles de hectáreas".
Neste senso, Bará destacou a amplitude do parque (case 600 hectáreas), polo que o parque estaría formado por 4 grandes aeroxeradores de perto de 200 metros de altura, e defende un "modelo alternativo que pasa porque a enerxía eólica estea ao servizo de Galiza e das comunidades locais".
Pola súa banda, a deputada do Salnés, Montse Prado, o portavoz do BNG en Meis, Xoán Manuel Vázquez, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, en representación dos concellos afectados, manifestaron que agardan a unanimidade dos grupos políticos das corporacións contra o proxecto e avanzaron que, en paralelo ás alegacións que se van presentar, apoiarán todas as mobilizacións e accións que sexan necesarias para frear o Parque Eólico do Monte Castrove.
Relacionadas:
-
O BNG de Meis alerta de problemas de inundacións nunha estrada recentemente reformada
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG pide nunha proposición non de lei a suspensión do parque eólico do Castrove
Por Redacción |
-
A APDR solicita a retirada do proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
A corporación de Poio ultima a elaboración da súa alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Castrove
Por Redacción |
-
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" convoca unha reunión aberta
Por Oskar Viéitez |
-
Convocada unha reunión telemática para abordar a situación do proxecto do parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
Goberno de Poio e oposición alegarán de forma conxunta contra o proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Unanimidade no pleno de Poio contra o proxecto de parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
Recollida de sinaturas contra o parque eólico previsto en Castrove
Por Redacción |
-
Proxectan un parque eólico de 587 hectáreas e catro aeroxeradores no Monte Castrove
Por Alejandro Espiño |