A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" convoca unha reunión aberta
Por Oskar Viéitez
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" convoca este mercores ás 9 da noite na esplanada da Seca unha reunión informativa coa veciñanza para tratar a solicitude de tramitación do parque eólico e informar das consecuencias de construír este tipo de instalacións tan preto das aldeas. Esta reunión é aberta a quen queira asistir.
Esta plataforma sostén que estes aeroxeneradores ocupan unha gran cantidade de terreo "que se destinará a uso industrial", a chamada poligonal, que mesmo "afecta a numerosas casas da aldea da Escusa, devaluando as súas propiedades ata nun 50% e permitindo expropiacións futuras unha vez que o chan se declare de interese público".
Ademáis engaden que estes muíños de vento "producen ruído e infrasóns que afectan ao sistema nervioso".
E incide esta plataforma en que para transportar a enerxía producida construiranse liñas de alta tensión "por zonas aínda sen definir".
"O monte é un ben de todos que debemos coidar, e a instalación destes parques conleva o deterioro do monte e das traídas de augas, ademáis da perda de vexetación e fauna salvaxe" din desde este colectivo veciñal.
Este proxecto de parque eólico no monte Castrove, que se coñeceu o 22 de xullo, está a levantar unha forte oposición social.
A plataforma veciñal "Non ao Parque Eólico do Castrove" asegura que esta instalación "vai afectar negativamente ao benestar das persoas que residen nas poboacións próximas, causar danos irreversibles á flora, fauna e tamén impedir o aproveitamento económico e disfrute de todas as persoas deste espazo, que conta cunha grande riqueza natural e patrimonial".
Ademáis, aseguran que causará un impacto medioambiental e paisaxístico que "devaluará enormemente as propiedades e potencialidades desta zona e de toda a contorna".
Na reunión deste mércores participarán integrantes doutros colectivos con experiencia no tema.
Relacionadas:
-
Andaina dende a Escusa en sinal de protesta polo Parque Eólico no Castrove
Por Redacción |
-
A APDR solicita a retirada do proxecto eólico no Castrove
Por Redacción |
-
Alegan contra o parque eólico do Castrove polo seu "grave impacto" no municipio
Por Redacción |
-
Entregan á Xunta máis de cincocentas alegacións contra o proxecto eólico en Monte Castrove
Por Redacción |
-
A corporación de Poio ultima a elaboración da súa alegación conxunta contra o proxecto do parque eólico do Castrove
Por Redacción |
-
Convocada unha reunión telemática para abordar a situación do proxecto do parque eólico do Monte Castrove
Por Redacción |
-
Representantes do BNG visitan o Monte Castrove para mostrar a súa oposición ao proxecto de parque eólico
Por Redacción |