Pol Granch, Café Quijano, Susana Seivane, Piedrahita, Sabela e Los Brincos, estrelas das Festas
Por Redacción
Do 6 ao 16 de agosto, Pontevedra celebrará dez días grandes de Festas da Peregrina con actuacións diarias nos escenarios da Alameda, praza de España, A Ferrería e nas pistas de Campolongo.
A concelleira responsable da área Carme da Silva indicaba este xoves que se trata dunha programación intensa e variada que, na liña das actividades previstas durante todo o verán, queren ser un apoio firme ao sector da cultura, tanto aos artistas como a técnicos encargados da instalación de valos, cadeiras, luces ou son, do mesmo xeito que aos xornalistas encargados das actividades culturais.
Segundo explicaba, o programa defende o aspecto local, con artistas maioritariamente de Pontevedra como Carlota Grey, Gustavo Almeida, Bala, Cora Velasco ou a Banda de Música de Salcedo ou a de Pontevedra. E tamén aos artistas novos como Pol Granch, Dani & Kimberley Tell ou Bejo.
As actuacións, segundo a concelleira, tamén tentan combinar vangarda con tradición con músicos como Xisco Feijoó, Xulio Lorenzo, Budiño, Susana Seivane, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Ademais, entre os principais concertos atópase diversos estilos con Amaro Ferreiro, ópera con María Soliña, Juan Perro, Sabela, Café Quijano, Los Brincos, a Banda Late Motiv ou Vocal Tempo.
A programación na que priman tamén actuacións de mulleres contará tamén con actividades específicas infantís na Alameda durante todas as xornadas ás 19.00 horas. Tamén haberá espectáculos de rúa, teatro, pasacalles ou actuacións como a do humorista Luís Piedrahita. A programación iniciarase ás 21.00 horas do venres 6 con Aquí Cántase na praza da Ferrería e vai pecharse o 16 coas Festas de San Roque.
A asistencia será libre, atendendo ás medidas sanitarias e con capacidade limitada nos recintos cumprindo cos protocolos, sen necesidade de reservar entradas para evitar que as reservas provoquen asentos baleiros se ao final os espectadores non poden asistir. Os horarios se solaparán tamén para evitar aglomeracións, explicou a concelleira.
Da Silva anunciou que este ano se realizarán tiradas de fogos artificiais do mesmo xeito que na edición do 2020. Serán lanzamentos sorpresa todos os días, cada xornada desde un punto diferente, ás 00.00 horas cunha duración de ao redor de cinco minutos para lembrar que Pontevedra atópase en festas.
O programa festivo colgarase na web do Concello de Pontevedra e tamén se repartirá pola cidade, cun formato despregable con imán para facilitar a súa lectura ao pegalo á neveira das vivendas.
Relacionadas:
-
Balance policial de 10 días de festas: 45 denuncias por non levar máscara e 9 a locais por incumprir as medidas covid
Por Natalia Puga |
-
Noite en vela para ser as primeiras no concerto de Pol Granch
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Los Brincos fan retroceder no tempo ao público pontevedrés
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Xabier Díaz, Bala e Carlota Crey inauguran a semana de concertos da Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Deputación promociona a música tradicional cunha edición especial do disco Peixe, de Xisco Feijoó
Por Redacción |
-
Pontevedra levanta o pano das festas da Peregrina
Por Manu Otero |
-
Nee Barros, Pitt Muffin e Joao Tomba pechan este luns 2 o ciclo 'Acústica na Parda'
Por Cristina Saiz & Redacción | Creada e actualizada
-
Espectáculo a pé de rúa co 'Bule Bule Polas Prazas'
Por Redacción |
-
Da Silva: "Se Ence rebenta o pregón faltará ao respecto á pregoeira e a toda a sociedade de Pontevedra"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
A provocación do cabaré adéntrase a partir do xoves no centro histórico
Por Redacción |
-
A maxia de Dani Polo abre o ciclo 'Ponteilusión' na Praza da Ferrería
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O jazz toma protagonismo nas Festas de Verán
Por Redacción & Cristina Saiz |