Carmela Silva pide ao Goberno central, Xunta e ENCE que senten a dialogar para "manter os postos de traballo"

Por Anxo Lourido
Carmela Silva, presidenta da Deputación, pronunciábase este venres sobre a situación actual da fábrica de Ence en Lourizán, a preguntas dos xornalistas. A máxima mandataria provincial lembrou que existe unha sentenza "clara" da Audiencia Nacional, que demostra que a prórroga concedida en 2016 non se axustaba ás normas establecidas "que temos que cumprir todos".
Pero manifestou que entende a "preocupación" do persoal que traballa na factoría pontevedresa. Por este motivo fixo un chamamento ás diferentes administracións implicadas, Xunta de Galicia e Goberno central, e á empresa Ence para que se senten para buscar unha saída e manter os postos de traballo.
Lembrou aos responsables da Xunta que son os que contan con compertencias sobre o sector industrial na comunidade. "Pregúntome para que serve o estatuto de Galicia?", argumentou Carmela Silva reclamando á consellería que busque solucións en relación ao futuro da fábrica.
Sinalou, ademais, que neste momento hai fontes económicas procedentes dos recursos europeos Next Generation que, segundo explicou, deben analizarse para que se estude un traslado da actividade industrial "que sempre temos defendido".
Por último, ante as declaracións do presidente da empresa Ignacio de Colmenares indicando que non é posible outra localización, a presidenta pedía a todos os representantes das partes implicadas neste conflito empresarial que "sexamos sensatos, racionais e non botemos máis lume ao fogo" para terminar invitando ás administracións estatal e autonómica, ademais da empresa, a sentarse para buscar solucións.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela acusa o goberno da Deputación de estar “escondido” no tema Ence
Por Redacción |
-
Traballadores de ENCE anuncian mobilizacións e CC.OO constituirá unha plataforma de afectados polo peche
Por Manu Otero |
-
O BNG urxe convocar a Mesa de ENCE para buscar alternativas fóra da ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Protesta de traballadores de ENCE polas rúas de Pontevedra demandando a mesa de diálogo
Por Redacción & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Carmela Silva: "Estamos fartas de anuncios da Xunta de Galicia nos que a Xunta invita e o mundo local paga"
Por Anxo Lourido |
-
Greenpeace: "O que urxe agora é que Ence sexa por fin realista e comece a planificar o seu peche en Lourizán de inmediato"
Por Redacción |
-
Colmenares advirte ao comité de ENCE que pechará se o recurso non prospera: "Non hai outra localización"
Por Anxo Lourido |
-
O comité de empresa de ENCE forza unha entrevista coa subdelegada co obxectivo de poñer data á mesa de diálogo
Por Anxo Lourido |
-
"Máxima preocupación" na Autoridade Portuaria ante o posible peche de ENCE
Por Alejandro Espiño |