A nova senda pola PO-223 en Xeve será licitada antes de final de ano
Por Redacción
O goberno galego prevé licitar as obras para executar unha nova senda peonil e ciclista pola estrada PO-233 durante o segundo semestre deste ano 2021. As obras, en todo caso, terán un prazo de execución de dezaoito meses.
O proxecto recibiu un novo impulso este xoves despois de que o Consello da Xunta autorizara as expropiacións necesarias para a construción desta senda, que ocupará 31 predios.
O novo itinerario, de dous quilómetros de lonxitude, configurará un percorrido continuo no treito comprendido entre os puntos quilométricos 3+600 e 5+760, unindo así os núcleos de Couso e Sobral, e atravesando o polígono industrial e o CEIP Santo André de Xeve.
A senda terá un ancho mínimo de 1,80 metros e contará con bordo delimitador, resultando un ancho transitable de máis de 2 metros.
A actuación completarase con modificacións puntuais do trazado da estrada, para xerar espazo na súa marxe dereita e poder encaixar a senda. Tamén se intervirá na mellora das principais interseccións, coa implantación de semiglorietas e cuñas de aceleración e deceleración.
Ademais, melloraranse as paradas de autobús e, atendendo á solicitude do colectivo ciclista Pedaladas, incorporarase un pequeno treito de senda na glorieta da intersección coa vía a Monte Porreiro.
Esta intervención, que está incluída no Plan de Sendas da comarca de Pontevedra, ten un investimento de 1,2 millóns de euros.
O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé desenvolver esta actuación de xeito coordinado co proxecto de mellora da seguridade da estrada PO-224, en Santo André de Xeve, na contorna da intersección das dúas estradas e onde se sitúa o CEIP.
Relacionadas:
-
Inicio inminente da construción dunha senda peonil na PO-223 na Xesteira, en Cotobade
Por Redacción |
-
O alumnado do colexio de Xeve presenta á conselleira os seus deseños para decorar a nova rotonda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O DOG publica a relación de afectados pola nova glorieta en Santo André de Xeve
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta publica o decreto expropiatorio de 31 fincas para a construción dunha senda en Santo André de Xeve
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de seguridade viaria e peonil na parroquia de Santo André de Xeve
Por Redacción |
-
Os técnicos municipais suxiren instalar 'lombos' no camiño escolar de Santo André de Xeve
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta mellorará dúas estradas en Xeve para aumentar a seguridade viaria no colexio de Santo André
Por Oskar Viéitez |