A Guía Repsol recoñece a 'O Muíño' como unha das mellores tabernas de Galicia
Por Redacción
A Guía Repsol acaba de outorgar o distintivo de 'Solete' á taberna 'O Muíño' de Caldas de Reis, acreditándoa como un dos mellores bares e tascas de toda Galicia.
Esta nova categoría de premios acaba de ser creada pola Guía Repsol para recoñecer a aqueles chiringuitos, heladarías, tascas, tabernas e restaurantes de menú do día con encanto especial, tanto pola súa comida como polas súas características, o seu entorno ou calquera outra cuestión que os faga especiais.
"Caben todos sempre que sexan honestos e o fagan ben", explica a Guía Repsol na súa web, que recolle os soletes outorgados nesta primeira edición a 17 locais na Coruña, 17 en Pontevedra, 16 en Lugo e 10 en Ourense.
En canto a 'O Muíño', atópase á beira do río Umia e conta cunha acolledora terraza e cun interior con decoración tradicional. É coñecido polas súas racións e por ser unha alternativa de picoteo, ademáis de ofrecer múltiples versións de pan galego.
Con motivo desta distinción, o alcalde, Juan Manuel Rey, deu as grazas "ao traballo e o esforzo a prol da singularidade deste establecemento, conseguindo que o noso municipio se sitúe novamente no mapa dos lugares máis fermosos, agradables e hospitalarios".
Pola súa banda, o responsable da taberna, José Luis Goldar, amosou a súa satisfacción por este recoñecemento que lle chegou de sorpresa e que recibiu de maneira moi grata e indicou que o éxito débese ás "moitas horas de dedicación, na busca dos mellores produtos e sobre todo unha atención e trato ao cliente moi próxima".
Relacionadas:
-
Catro novos 'soletes' iluminan a gastronomía pontevedresa
Por Alejandro Espiño |
-
Tres "soletes para perderse" en Sanxenxo, Bueu e Ribadumia
Por Redacción |
-
Amásame Bakery (Pontevedra) e O Muíño (Caldas), entre os 22 'soletes de carretera' de Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
O Loxe Mareiro de Carril estrea o seu primeiro 'Sol' da Guía Repsol
Por Redacción |
-
Culler de Pau, nova 'fichaxe' do selecto club de restaurantes con tres Soles da Guía Repsol
Por Alejandro Espiño |