Tres "soletes para perderse" en Sanxenxo, Bueu e Ribadumia
Por Redacción
Os restaurantes O Tio Benito en Barrantes (Ribadumia), Casa Zulema en Sanxenxo e A Centoleira en Bueu figuran desde esta primavera na lista de 'soletes' que outorga a Guía Repsol a locais que resultan apetecibles e o típico plan que recomendarías a un amigo.
A nova lista de 'soletes para perderse' acábase de dar a coñecer xusto antes de Semana Santa, un momento do ano no que a poboación busca desconectar do ritmo frenético do día a día, descubrir recunchos novos e sentar a respirar pausadamente.
Polas súas propostas culinarias, a súa contorna natural e o seu trato tan próximo, elixen 300 'soletes' en pequenas poboacións de toda España, 25 deles en Galicia e oito na provincia de Pontevedra.
Ademais dos citados de Bueu, Ribadumia e Sanxenxo, recibe esta recomendación da Guía Repsol Pan de Soutelo en Forcarei coñecidos como la Casita negra.
Tamén recibiron esta distinción: Mesón Casa Inés no Porriño, Simoneta&Co en Mondariz-Balneario, Na Morada das Parras en Nigrán e O Rizón en Baiona.
Con estes 'soletes para perderse', a Guía Repsol busca que os usuarios atopen barras e cociñas apetecibles en pobos que usualmente pasan desapercibidos para o viaxeiro e tamén os lugares frecuentados polos veciños nas poboacións máis turísticas.
María Ritter, directora de Guía Repsol, sinala que estes 'soletes' son "eses lugares que soñamos atopar cando emprendemos unha viaxe, xa sexa para pasar o día ou para percorrer unha comarca" e "reflicten a implantación que ten a cociña en España, porque chegan a calquera recuncho, e as ganas de gozar que temos todos".
Reciben esta cualificación, segundo Ritter, "un bar auténtico ou unha casa de comidas de toda a vida no que vas estar de marabilla, cun ticket alcanzable e produtos locais, que te sitúan no territorio e f das súas raíces e a súa cultura.