Sanidade amplía os cribados para conter o brote de Mallorca, que xa suma 85 positivos en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O mega brote de covid-19 derivado de diversas viaxes de estudantes de toda España a Mallorca xa suma na a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 85 positivos. Na última xornada sumáronse cinco máis froito dos cribados intensos que se están realizando.
Os datos, recompilados ao mediodía deste martes, derivan das probas PCR que se realizaron á contorna dos que xa deron positivo nas xornadas previas e tamén entre alumnado de todos os institutos da cidade que poden estar en contacto cos mozos que viaxaron a Baleares, no seu caso, nunha viaxe privada no que participaron alumnos de dous centros diferentes.
Pontevedra mantense como a área sanitaria máis afectada de Galicia por este brote e ao redor da metade dos casos detectados correspóndese con pacientes co variante delta ou india da covid-19.
En toda a comunidade hai 108 casos confirmados, seis máis confirmados nas últimas 24 horas. Dos seis novos, cinco detectáronse en Pontevedra e un en Vigo.
Ademais dos 85 de Pontevedra, hai 10 en Vigo, de modo que na provincia hai xa 95 casos e o resto están en Lugo (10) e Ourense (3).
Para as próximas xornadas, a Consellería de Sanidade decidiu incrementar os cribados a estudantes de Bacharelato e nos próximos cinco días convocarán a facer probas PCR voluntarias a un total de 932 estudantes de primeiro de Bacharelato de dez centros educativos da cidade.
Os cribados están dirixidos a estudantes do centro no que se detectaron os primeiros positivos, o Sánchez Cantón, e tamén dos institutos A Xunqueira I, A Xunqueira II, Frei Martín Sarmiento, SEK, Sagrado Corazón, Valle Inclán, Los Sauces, Luís Seoane e Torrente Ballester.
A maiores, este mércores 30 de xuño hai convocado un cribado xeral entre a poboación de 17 a 19 anos de Poio, no que están chamados a participar unhas 330 persoas.
Ademais, este martes 29 realizouse no aeroporto de Lavacolla de Santiago un cribado a 86 alumnos galegos que aínda permanecían en Mallorca, unha parte deles de Pontevedra. Todos os estudantes sometéronse ás probas PCR.
Outros 12 alumnos galegos permanecen en Mallorca en corentena en hoteis e illados por sospeitas de posibles contactos con positivos.
Relacionadas:
-
O brote de Mallorca xa supera os 100 positivos en Pontevedra, 14 deles, estudantes que regresaron en avión o martes
Por Natalia Puga |
-
La subdelegada, ante el brote de Mallorca: "Las consecuencias de ese ocio ya vemos que en Pontevedra han sido un paso atrás"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Lores, sobre as restricións: "Os botellóns fanse noutros sitios e logo padecemos nós as consecuencias"
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas levan ao Parlamento as "ineficiencias" da Xunta respecto do gromo de Mallorca
Por Oskar Viéitez |
-
Os contaxios por covid soben ata os 34 no último día elevando a 262 os casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra, Vilaboa, Barro, Cambados e Vilanova únense a Poio no nivel medio de restricións
Por Natalia Puga |
-
O brote de covid-19 derivado de viaxes de estudantes a Mallorca xa ascende a 80 positivos en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
"Aínda é cedo para dimensionar se van modificarse as restricións" afirma o conselleiro de Sanidade ante o gromo de Mallorca
Por Redacción |
-
Álvarez Deza: "É unha irresponsabilidade por parte dos pais deixar ir aos seus fillos a unha viaxe multitudinaria"
Por Manu Otero |
-
Unha trintena de contaxios en Pontevedra tras unha viaxe de fin de curso a Mallorca
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada