Mosquera participa na xornada sobre desenvolvemento sostible de Évora analizando o espazo público
Por Redacción
César Mosquera, concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade, participaba este martes na xornada organizada pola Cámara Municipal de Évora sobre a mobilidade urbana e a accesibilidade como factores de desenvolvemento sostible.
O representante municipal reivindicou durante esta cita a idea do espazo público "como un dereito case do mesmo rango que a Sanidade ou a Educación". A intervención do tamén vicepresidente da Deputación de Pontevedra foi durante o panel dedicado ás Boas prácticas compartindo coloquio co xefe de Divisâo de Ambiente e Mobilidade do municipio de Évora, Daniel Valente e con Aljama Morilla, da Oficina de Accesibilidade do Municipio de Córdoba.
Mosquera explicou os cambios realizados en Pontevedra con motivo da posta en marcha do modelo urbano no ano 1999. Lembrou que a situación da cidade atopábase "francamente mal, cargada de tráfico, triste e anodina". Segundo sinalou, nos últimos 22 anos buscouse un concepto da cidade en que todas as persoas deben de ter acceso coas Administracións garantindo á cidadanía que poida exercer ese dereito.
O concelleiro sinalou que é necesario partir do principio da "democracia dos espazos públicos" fronte á segregación dos espazos. Durante esta xornada tamén se tratou o tema do futuro das cidades tras a etapa covid e a necesidade de repensar os espazos para a cidadanía. Mosquera defendeu que Pontevedra propón utilizar o espazo público como un lugar de convivencia e estancia, coma se fose unha prolongación do espazo doméstico.
Relacionadas:
-
O Concello de Pontevedra proxecta unha nova gran praza pública en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma de Barcelos comezará polo vial de circulación perimetral
Por Alejandro Espiño |
-
Cuarta sesión da Facultade Ágora co recoñecemento dos peóns como base das cidades sustentables
Por Redacción |
-
Pontevedra participa no debate de reducción de emisións do transporte de mercadorías nas cidades
Por Redacción |