Cuarta sesión da Facultade Ágora co recoñecemento dos peóns como base das cidades sustentables
Por Redacción
A cuarta sesión da Facultade Ágora sobre o espazo público celebrada este venres na Deputación puxo de manifesto un cambio na convivencia entre as persoas e o tráfico que está a seguirse a nivel internacional e no que os peóns deben ser os "elementos sagrados". Trátase dun modelo de calmado da velocidade e de convivencia, no que os vehículos a motor deben estar na parte menos prioritaria das decisións para construír cidades sustentables e amables.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez comezou a xornada destacando a clara aposta da Deputación pola recuperación do espazo público, primeiro dende a actuación no servizo de vías provinciais coa elaboración do Plan Móvese para pacificar o tráfico, a Guía de Mobilidade Amable e, máis recentemente, coa posta en marcha da Rede Ágora de Concellos Polo Espazo Público na que están tres cuartas partes dos concellos da provincia coa aspiración de revolucionar o seu deseño urbano eliminando coches.
Álvaro Gómez, director do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, manifestou que este organismo está totalmente alineado cunha das principais reformas normativas: a implantación do límite estatal de 30 km/h en vías dun só sentido. Afirmou que Pontevedra é un exemplo paradigmático nun movemento cara a outro tipo de mobilidade e de planificación de uso do espazo baseado na convivencia, no que non só hai máis persoas que camiñan ou utilizan a bicicleta, senón que hai vehículos de mobilidade persoal.
Pola súa banda, a enxeñeira portuguesa Paula Teles destacou que as persoas técnicas "temos que deseñar, planear e construír as cidades para as persoas". A súa intervención contou cun encadramento teórico sobre as grandes mudanzas que aconteceron nos últimos anos dende o punto de vista social, económico e ambiental e incluso demográfico, todas elas fonte de grandes desafíos políticos.
Sobre a porcentaxe de espazo que deben ocupar persoas e coches destacou que debe ser a contraria á defendida nas décadas anteriores: "Os coches só deben ocupar o espazo necesario para a loxística urbana.Todo o outro espazo debe ser un espazo de servizos, de utilización para o comercio tradicional", subliñando que é necesario que as persoas dispoñan do 70% dese espazo ou que, nunha vía compartida, se traballe para que o coche conviva.
Na súa intervención, o enxeñeiro de camiños Ole Thorson destacou que camiñar é o modo de transporte máis importante, e que a maioría das persoas usuarias das zonas urbanas trasládanse a pé. "O reparto do espazo é ilóxico. Hai que redeseñar as rúas, tendo claro que os condutores non teñen dereito a coller todo ese espazo", subliñou.
Asegurou que o paso de peóns debe formar parte integral da beirrarúa, o que quere dicir que hai que facelo á altura da beirarrúa e os condutores deben subir e baixar as ramplas. Así mesmo, engadiu tamén algunhas das chaves para deseñar as cidades máis amables.
Pola súa parte, o asesor de Mobilidade da Deputación, Jesús Fole, afondou na idea de que os espazos, en concreto as beirarrúas, deben ser consideradas "infraestruturas" que deben cumprir coas necesidades das persoas. Criticou as dimensións de 1,8 metros permitidas pola normativa e subliñou que a fórmula que garante a prioridade no espazo é dar un mínimo de 2,5 ou tres metros para permitir que se crucen dous paraugas sen ter que baixar á calzada.
Relacionadas:
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre o ‘Hábitat saudable e biodiverso’
Por Redacción |
-
Retornan as sesións da Facultade Ágora coa directora de Saúde Pública da OMS
Por Redacción |
-
Ágora preséntase na Xornada sobre a Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
O Ministerio de Transportes recoñece á Rede Ágora da Deputación como unha iniciativa aliñada coa Nova Bauhaus Europea
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora acolle un último seminario sobre "Mobilidades alternativas" antes do parón do verán
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera participa na xornada sobre desenvolvemento sostible de Évora analizando o espazo público
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora analiza a redución do tráfico de paso e de transporte de mercadorías
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexionará sobre ‘As persoas primeiro’
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora reflexiona sobre as cidades que coidan as persoas e limitan os vehículos
Por Redacción |
-
A Facultade Ágora adicará a próxima xornada aos espazos seguros e inclusivos
Por Redacción |
-
Carlos Moreno, o urbanista asesor da alcaldesa de París, apoia o Plan Ágora da Deputación: "el espacio público es el elemento mayor de la democracia"
Por María José Pita |
-
Especialistas da Facultade Ágora, partidarios de que os fondos 'Next Generation' melloren os espazos públicos
Por Redacción |
-
Xornada inaugural da Facultade Ágora, unha iniciativa para promover a transformación dos espazos públicos
Por Redacción |