Sanidade pacta coas comunidades vacinar con AstraZeneca só a persoas maiores de 60 anos
Por Diego Espiño
A vacina contra a covid desenvolvida por AstraZeneca e a Universidade de Oxford será aplicada en España a partir de agora só a persoas maiores de 60 anos.
Así o acordou a última hora deste mércores o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que participan representantes do Goberno xunto aos conselleiros e conselleiras de Sanidade das diferentes comunidades autónomas.
"Esta propuesta ha sido aprobada por amplia mayoría", recoñeceu a ministra de Sanidade, Carolina Darias, na comparecencia posterior á reunión.
A decisión adóptase a pesar de que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) aconsellou este mesmo mércores seguir usando a vacina sen límite de idade, aínda que recoñecendo a súa posible vinculación cun pequeno número de casos raros de trombos dentro dos case 18 millóns de doses que xa foron administradas. Iso si, a EMA defende que o seu beneficio segue superando con fartura ao risco que pode chegar a supoñer en casos illados.
"Los efectos adversos han aparecido mayoritariamente en el caso de menores de 60 años y en mujeres", explicou á súa vez a directora da Axencia Española de Medicamentos, María Jesús Lamas, aludindo a "unos cientos de casos" que en todo caso "no debe confiar minar la confianza en los medicamentos", defendeu.
Este acordo supón á súa vez a decisión de estudar variar a estratexia de vacinación para usar AstraZeneca con maiores de 65 anos.
A preguntas dos xornalistas a ministra sinalou ademais que no que respecta ás persoas menores de 60 anos que recibiron unha primeira dose con esta vacina "a segunda é unha cuestión que está aínda por determinar", estando sobre a mesa varias opcións, como pode ser administrar a dose doutra vacina ou mesmo apostar por unha única dose se os estudos que se están realizando así o recomendan.
Relacionadas:
-
España destinará as vacinas de AstraZeneca a persoas de 60 a 69 anos
Por Redacción |
-
A Xunta vacina a 4.015 persoas de entre 60 e 65 anos na área sanitaria
Por Redacción |
-
Das aglomeracións iniciais a unha segunda xornada tranquila de vacinación no Recinto Feiral
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Comeza a vacinación masiva no Recinto Feiral de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanidade organiza unha vacinación masiva para persoas de 75 a 79 anos e entre 60 e 65 anos
Por Alejandro Espiño |
-
A partir deste mércores volverá administrarse a vacina AstraZeneca en Galicia
Por Redacción |
-
España reanuda a vacinación con AstraZeneca ao ser "segura e eficaz"
Por Alejandro Espiño |
-
Suspenden a administración da vacina AstraZeneca en España durante 15 días
Por Redacción | Creada e actualizada