O comité de empresa de ENCE pediralle á ministra unha mesa de traballo polo futuro da factoría
Por Redacción
O comité de empresa de Ence protagonizou este martes unha concentración fronte á Subdelegación do Goberno para mostrar a súa preocupación sobre o futuro da fábrica e dos postos de traballo. Menos ruidosa e moito menos numerosa que as mobilizacións organizadas a semana anterior por Comisións Obreiras, a manifestación durou menos de media hora e consistiu no despregamento dunha pancarta cunha mensaxe en defensa dos empregos.
O presidente do comité de empresa, Toño Lafuente, explicou que se trataba de "un pequeno acto para visibilizar o noso problema". Das conclusións extraídas do encontro previsto para a tarde de mañá en Madrid coa ministra de Medio Ambiente, Teresa Ribera, dependerá o endurecemento das manifestacións.
"Que axilicen a mesa de traballo para poder estar nas decisións que se vaian a tomar sobre o noso futuro", dixo o portavoz dos traballadores en referencia á petición que lle trasladarán á mandataria socialista. "Se vemos que esa mesa non se leva a cabo nas próximas datas, faremos concentracións con todo o plantel", puntualizou Lafuente.
O presidente do comité evitou entrar en polémicas sobre o artigo 18 da futura Lei do Cambio Climático e sobre a falta de entendemento coa sección sindical de Comisións Obreiras. "Estamos a pelexar polo noso futuro, non queremos polémicas. Queremos estar nesa mesa para saber como están a xogar connosco", subliñou lembrando que "o noso problema segue sendo o xuízo, depende do que salga o noso futuro estará aquí ou noutro sitio".
Pola súa banda, o sindicato UXT defende nun comunicado que Ence xera uns 5.100 empregos directos e indirectos en Galicia. A súa preocupación céntrana tamén na sentenza sobre a prórroga da concesión máis que no artigo 18.4 da nova Lei do Cambio Climático porque confían en que "non se pode aplicar con carácter retroactivo como se recalcou desde o propio Consello Xeral de Estado e desde o Ministerio de Transición Ecolóxica".
Así mesmo, acusan o comité de oficinas centrais e ao sindicato Comisións Obreiras de "xerar polémica con intereses ocultos e coa man da empresa movendo os seus fíos ao seu antollo, tentando desprestixiar aos nosos compañeiros dando luga a unha confrontación desatinada", conclúen.
Relacionadas:
-
O comité de empresa de Ence reclama ao Goberno que inicie xa a negociación sobre o futuro da factoría
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Goberno comprométese a convocar ás partes implicadas para abordar o futuro dos postos de traballo de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras busca en Bildu e Esquerra Republicana apoios para cambiar a Lei de Transición Ecolóxica
Por Redacción |
-
A ministra afirma que a situación de Ence "no tiene nada que ver con la Ley de Cambio Climático"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta non condena o escrache ao alcalde e reitera que ENCE ten unha "concesión legal"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez sobre a declaración de persoa non grata a Colmenares: "pediría deixar os insultos e que se comece a traballar por crear emprego"
Por Redacción |
-
Emprego en Galicia ou en Asturias: a decisión que, segundo a Xunta, debe tomar o Goberno sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
A sección de CC.OO de ENCE tratará de convencer a Bildu e Esquerra para tombar a lei do cambio climático
Por Manu Otero |
-
Ignacio de Colmenares será, ao igual que Rajoy, persoa non grata en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A ministra de Transición Ecolóxica reunirase cos traballadores de ENCE
Por Diego Espiño |