Estudan a posibilidade de aumentar nunha altura o edificio do instituto de Caldas de Reis
Por Redacción
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, confirmou este xoves coa Consellería de Educación que os técnicos da Xunta de Galicia están a avaliar desde hai xa algúns meses a viabilidade de ampliar o Instituto Aquis Celenis incrementando unha nova planta ao actual edificio.
O alcalde recorda que foi a propia Consellería de Educación a que rexeitou o solo programado para equipamento educativo no PXOM, entre o actual Instituto e a Carballeira. Posteriormente, foi o organismo autonómico Augas de Galicia o que rexeitou a alternativa dos terreos propostos pola propia Consellería noutro lado do Instituto.
A partir dese momento a Consellería de Educación plantexou a proposta de incrementar unha planta ao actual edificio de titularidade autonómica, alternativa que están estudando técnicamente, tal como lle confirmaron este xoves.
Alternativamente, o Concello xa ten valoradas outras opcións para a adquisición de terreos próximos, que están á espera da decisión da propia Consellería sobre a posible ampliación no edificio actual que sería a opción máis funcional para o Instituto. "O Concello sempre estivo e segue estando a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Universidade neste proxecto crucial para Caldas", afirman dende o Goberno local.
O alcalde rexeita absolutamente as críticas do voceiro do BNG, nega calquera abandono da proposta de ampliación e lle recorda que "a proposta de ampliar o Instituto para ciclos de formación profesional partiu do propio equipo de goberno do Concello, absolutamente comprometido coa educación pública, e contou co apoio do Instituto. Por iso, non se entenden estas declaracións fóra de lugar e da realidade".
Relacionadas:
-
Román Rodríguez anuncia a ampliación do instituto Aquis Celenis en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello propón ampliar en altura o Instituto Aquis Celenis
Por Redacción |
-
O IES Aquis Celenis considera que a ampliación do centro en altura non permitiría ofertar ciclos formativos
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG critica o alcalde de Caldas de Reis por frustrar a ampliación do IES Aquis Celenis
Por Oskar Viéitez |
-
Luisa Piñeiro analiza unha decena de proxectos co alcalde de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A ampliacion do instituto de Caldas, pendente de que o Concello ceda os terreos a Educación
Por Redacción |