"Todos temos unha farmacia preto, é moi cómodo e unha boa forma de detectar asintomáticos"
Por Manu Otero & Mónica Patxot
O cribado nas farmacias xa está en marcha. O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e a Consellería de Sanidade puxeron en marcha este xoves unha experiencia piloto para repartir test de saliva para detectar a covid-19 en tres farmacias da Boa Vila. A iniciativa tivo unha gran acollida entre a cidadanía, moitas persoas acudiron á primeira hora en busca do seu kit, pero non foi ata última hora da tarde cando comezaron a repartirse.
"Todos temos unha farmacia preto, é moi cómodo poder vir a unha e facerse o test. Eu creo que será moi útil para detectar persoas asintomáticas", recoñece, Carlos García, un dos pacientes que pasou este xoves pola farmacia de Campolongo para solicitar un test que aínda non chegara. "É unha pena que non se puxera en marcha antes", lamenta o pontevedrés, convencido de que sería unha ferramenta eficaz que podería evitar moitos dos contaxios das últimas semanas.
Para despexar dúbidas solicita a proba Sandra Paz. "Atópome ben, pero vouma a facer por quedarme tranquila. Coñezo a algunha persoa que o pasou e sempre che queda esa sospeita de se te puideches contaxiar", recoñece esta veciña de Pontevedra.
Nin sequera o atraso na chegada dos recipientes desanimou á poboación. "Non teñen aínda os botes, así que terei que volver logo. Pero paréceme unha gran idea para previr contagios e para os positivos que non teñen síntomas", declara Juan Costa á saída do establecemento de Campolongo.
Nun sentido máis crítico, aínda que tamén contenta por unha iniciativa "positiva", pronúnciase Melissa Rodríguez, quen se pregunta "por que se limita só a persoas de entre 40 e 64 anos, sería tamén útil facerllo aos mozos", propón.
Nesta primeira tarde de repartición de recipientes, en Campolongo foron máis de trinta as persoas que se achegaron a esta farmacia para solicitar o seu kit. "Deberían facelo bastante antes, eu en canto me decatei vin", sinala outra veciña deste barrio pontevedrés, que terá que entregar a súa mostra o vindeiro luns porque, para evitar aglomeración á hora de entregar as mostras, que a súa hora límite son ás 10.30 horas; as farmacias estableceron un ñímite de trinta persoas por establecemento.
Os paquetes que se comezaron a repartir este xoves nestas tres farmacias de Pontevedra constan dun tubo e un embude. O paciente debe depositar a mostra de saliva no recipiente. Para evitar contaminar a mostra, debe realizarse en xaxún, sen ter comido, bebido ou fumado nas oito horas anteriores. É conveniente que sexa o máis líquida e homoxénea posible, evitando que teña burbullas.
O tubo, péchase cun tapón e debe entregarse, antes das 10.30 horas na farmacia, onde o recollerán para transportalas ao laboratorio. Os resultados notificaranse a través do teléfono móbil.
A campaña estará vixente durante ao menos dous meses.
Relacionadas:
-
O programa de cribado nas farmacias xa deixou os primeiros positivos de covid-19
Por Natalia Puga |
-
A cidadanía acode masivamente ás farmacias para solicitar os kits de recollida de saliva
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Listaxe actualizada coas 347 farmacias da provincia que participarán no cribado de covid
Por Diego Espiño |
-
O alto número de farmacias adherido á campaña de cribados obriga a atrasar o seu inicio ao martes
Por Diego Espiño |
-
Estas son todas as farmacias da provincia participantes no cribado Covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Expectación polos cribados nas farmacias á espera da chegada dos kits
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As farmacias de Pontevedra poñen en marcha un cribado poboacional pioneiro
Por Oskar Viéitez |