Estas son todas as farmacias da provincia participantes no cribado Covid-19
Por Oskar Viéitez
O Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra xa ten unha primeira listaxe de farmacias de toda a provincia que colaborarán a partir deste luns co Servizo Galego de Saúde (Sergas) na realización de cribados a través da recollida de mostras de saliva para a súa análise mediante PCR co obxectivo de aumentar a capacidade diagnóstica e así detectar casos asintomáticos. (VER LISTADO)
A presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo, precisou que é unha primeira listaxe provisional xa que pódense ir sumando novos despachos de farmacia para participar neste sistema pioneiro.
Este innovador proxecto arrinca na provincia de Pontevedra, pero o conselleiro de Sanidade xa adiantou que espera que se poida levar a cabo no resto das provincias coa colaboración dos restantes colexios provinciais de farmacéuticos, aos que trasladou a vontade de que se somen á iniciativa.
A recollida de mostras en farmacias iniciarase pola poboación de entre 40 e 65 anos da provincia, aínda que os colectivos poderán ir cambiando en función dos obxectivos das autoridades sanitarias.
Neste cribado non pode participar toda a poboación. Así, entre outros requisitos, a persoa participante neste cribado non pode dar positivo no últimos tres meses, atoparse illado por ser contacto estreito con contaxiado ou facerse unha PCR nos último 15 días.
Relacionadas:
-
A cidadanía acode masivamente ás farmacias para solicitar os kits de recollida de saliva
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O alto número de farmacias adherido á campaña de cribados obriga a atrasar o seu inicio ao martes
Por Diego Espiño |
-
Sanidade comunica a morte de catro homes por covid en Montecelo, un deles de só 31 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Un total de 131 centros educativos da área sanitaria teñen casos activos de covid-19: 532 e 26 aulas pechadas
Por Natalia Puga |
-
"Todos temos unha farmacia preto, é moi cómodo e unha boa forma de detectar asintomáticos"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Expectación polos cribados nas farmacias á espera da chegada dos kits
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
As farmacias de Pontevedra poñen en marcha un cribado poboacional pioneiro
Por Oskar Viéitez |