Os populares censuran que a Deputación antepoña os seus "intereses partidistas" nas axudas aos hostaleiros
Por Redacción
Desde o Partido Popular lamentan que a Deputación de Pontevedra, xunto coa de Lugo, estean a "atrasar" o acordo para aprobar un plan de rescate para os sectores máis afectados pola crise da covid-19, nomeadamente a hostalería, antepoñendo os seus "intereses partidistas".
O voceiro popular, Jorge Cubela, asegura que "é difícil de entender" que ao goberno provincial "non lle sirva" un modelo no que a Xunta de Galicia xestione estes fondos, algo que "vai en contra dos propios hostaleiros", porque daría "máis axilidade" e quitaría burocracia.
"É momento de que deixen de botar balóns fóra porque sen estas axudas moitas persoas xa non van poder seguir cos seus negocios", afirma Cubela, que censura as "escusas" da deputación pontevedresa "para seguir sen repartir nin un só euro ao sector".
Os populares recordan que neste segundo plan a Xunta de Galicia vai poñer 75 millóns de euros que, xunto aos 86 millóns de euros do primeiro plan, supón o 1,4% do seu orzamento en menos de tres meses.
Relacionadas:
-
O PP esixe un convenio entre Concello e Deputación para axudar aos sectores máis golpeados pola pandemia
Por Redacción |
-
Non haberá "portelo único" para as ayudas do plan de rescate á hostalería
Por Redacción |
-
A navalla de Ockham e a polémica sobre o plan de rescate da hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
Moraña aportará cartos ao segundo plan de rescate da Xunta
Por Redacción |
-
As deputacións achegarán o 1% das súas contas para rescatar a hostalería
Por Redacción |
-
O plan de axudas da Xunta "queda curto", segundo Carlos Font, que pide que "rectifiquen"
Por Redacción |
-
Sen acordo na xuntanza a tres bandas para consensuar unha liña conxunta de axudas
Por Redacción |