2020 remata con 47 concellos da provincia adheridos á compostaxe do Plan Revitaliza
Por Redacción
O Plan Revitaliza enfróntase a este 2021 coa intención de consolidarse de maneira definitiva nos concellos da provincia, segundo informan desde a Deputación de Pontevedra. Aqueles municipios que se atopan máis adiantados neste plan cumprirán as esixencias da Unión Europea en materia de reciclaxe. Está previsto que, en breve prazo de tempo, alcancen o 50% dos residuos para reciclaxe, tal e como establecen as autoridades europeas.
Uxío Benítez, deputado responsable deste departamento sinala que o programa provincial conta xa con 47 Concellos adheridos, despois de sumarse Dozón e A Cañiza. Conta con 160 centros de compostaxe comunitaria instalados, 9.5000 composteiros individuais xestionados e preto de 23.000 seguimentos realizados polo persoal técnico. A intención desde a institución provincial é que nos próximos meses supérense os 250 centros de compostaxe comunitaria e os 13.000 composteiros en activo.
Concellos como o de Vilaboa conta con 10 composteiros comunitarios e 1.134 composteiros individuais, converténdose nun dos máis avanzados dentro da liña 2. Outros municipios como Pontevedra conta co seu propio plan, denominado Composta, e presenta 34 composteiros comunitarios, 2.568 individuais e 5.888 visitas de seguimento. Tamén destaca a situación no Grove con 10 comunitarios e preto de 600 individuais.
Un dos concellos incorporados á liña 2, A Illa de Arousa, está a ofrecer resultados destacados con repartición de composteiros en tempo récord, coa tutlea de 800 individuais e a previsión da montaxe de catro novos comunitarios que se suman ao xa instalado. Poio, pola súa banda, desistiu finalmente á súa incorporación a esta Liña 2, segundo informan desde a Deputación. Esta liña 2 busca que os municipios xestionen de maneira global os residuos baseando a súa estratexia na compostaxe.
O Plan Revitaliza ten como obxectivo en 2021 manter a súa proxección internacional, coa colaboración establecida con Isla de Príncipe e novas illas africanas, ademais de establecer colaboracións con outras administracións e organismos estatais, que toman como referencia o modelo de Pontevedra e co Ministerio de Transición Ecolóxica para elaborar a nova normativa aplicable en relación coa compostaxe.
Relacionadas:
-
O Plan Revitaliza permite a Vilaboa mellorar as instalacións de Monte do Cabalo e renovar o parque móbil
Por Redacción |
-
Poio instalará tres novos centros comunitarios de compostaxe no núcleo de San Salvador
Por Redacción |
-
O Plan Revitaliza volve ás aulas tras as festas con obradoiros didácticos sobre compostaxe
Por Redacción |
-
O Plan Concellos 2020 impulsou 429 obras e creou 912 postos de traballo
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 8.000 escolares participaron este 2020 en actividades do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
A Deputación presenta o Plan Concellos 2021 dotado de 42,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Persoal do Plan Revitaliza traslada información á veciñanza sobre a compostaxe
Por Redacción |