O Plan Revitaliza volve ás aulas tras as festas con obradoiros didácticos sobre compostaxe

Por Redacción
Persoal técnico do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia estará esta semana en Vilanova de Arousa, Gondomar, Ponteareas, Moaña e Tui co profesorado e estudantes de Infantil, Primaria e Secundaria para desenvolver actividades de aprendizaxe sobre o compost.
Desta forma, retómase a actividade despois do parón das festas do Nadal para continuar con propostas nos centros de ensino dentro do Plan Revitaliza coa intención de desenvolver obradoiros didácticos sobre compostaxe. Desta forma, o persoal técnico visitará o CEIP Viñagarande de Deiro en Vilanova onde os escolares de infantil e de primeiro de Primaria poderán aprender coas actividades 'Os bichocos e a composteca' e o reclamado 'Xogo da miñoca'.
Todas estas actividades, segundo informan desde a Deputación de Pontevedra, atópanse adaptadas aos protocolos covid-19, cun número de participantes reducido, mantemento de distancias e medidas sanitarias para evitar contaxios.
En 2020, estas actividades para escolares chegaron a 8.000 estudantes, en claro incremento respecto a as cifras dos anteriores anos.