O Plan Concellos 2020 impulsou 429 obras e creou 912 postos de traballo
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva fixo balance do Plan Concellos 2020 unha vez que este foi liquidado na última Xunta de Goberno da administración provincial.
No pasado exercicio este plan contou cun orzamento global de 42,2 millóns de euros e na denominada liña 1, que permite aos concellos a execución de investimentos en obras, servizos e equipamentos municipais, aprobáronse 429 obras.
Carmela Silva comentou que a diferenza de anteriores convocatorias nesta ocasión "hai tendencia a obras máis grandes, por maior importe".
En liñas xerais, case 12 millóns de euros foron destinados para obras en vías, 4 millóns para edificacións ou 3 millóns ao saneamento, entre os investimentos máis importantes. Ademais, a presidenta provincial ha destacado que "os concellos compasan as solicitudes ás novas necesidades".
En canto á segunda liña do Plan Concellos, que permite aos concellos cumprir cos seus deberes económicos e co financiamento de actos culturais, deportivos, sociais, etc. Organizáronse 109 actividades, por un montante global que ascendeu a 950.000 euros, tamén se fixeron 31 pagos a provedores por 1,2 millóns de euros, e financiáronse 23 traballos de mantemento e reparación por uns 560.000 euros.
Curiosamente, só houbo unha actuación para amortización de débedas, o que, segundo Carmela Silva, reflicte que "os concellos están saneados".
Respecto a a terceira liña deste Plan Concellos destinada ao fomento do emprego. O plan permite que os concellos dediquen unha parte da cantidade que lles corresponde á prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado rexistrado no Servizo Público de Emprego.
"Na liña 3 creamos 912 postos de traballo", dixo a presidenta. Carmela Silva indicou que o Concello de Valga foi o único de toda a provincia que non solicitou axudas para esta liña de colaboración.
En canto aos empregos xerados dentro do Plan Concellos "houbo 32 especialidades laborais cada vez máis orientadas á prestación de servizos".
Na súa comparecencia de prensa Carmela Silva tamén fixo balance do Plan de remodelación e avance de seguridade dos viais municipais, coñecido como Plan Depo- REMSE. Trátase dunha modalidade de asistencia económica aos concellos para financiar proxectos que potencien unha mobilidade sostible e que dean prioridade á seguridade e á mobilidade peonil en calquera estrada.
A presidenta da Deputación de Pontevedra enumerou que están aprobados 31 proxectos dos que, a día de hoxe, están rematados 19, en execución 10, un en fase de contratación e outro pendente de iniciar a contratación.
Finalmente, Carmela Silva referiuse ás subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares para avance do reequilibrio territorial dos servizos, en concellos de menos de 20.000 habitantes, é dicir, o coñecido como Plan Reequilibrio que no pasado exercicio incluíu 6 actuacións culturais, unha dotación sociosanitaria, 11 infraestruturas deportivas e 7 humanizacións e reformas urbanas.
Son "25 proxectos moi importantes que están a transformar a provincia", concluíu a presidenta da Deputación.
Relacionadas:
-
Os clubs deportivos de Pontevedra xa poden solicitar as subvencións municipais do ano 2020
Por Redacción |
-
2020 remata con 47 concellos da provincia adheridos á compostaxe do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
A Deputación presenta o Plan Concellos 2021 dotado de 42,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |