Reabre outra aula pechada por COVID-19 en colexios da área sanitaria, onde hai 52 positivos entre a comunidade educativa
Por Natalia Puga
Os centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistran este xoves 52 casos activos de COVID-19 entre o seu alumnado, profesorado e resto de persoal, xusto a mesma cantidade que o mércores aínda que con novidades, pois, por exemplo, deixou de haber positivos na Escola Infantil da Parda de Pontevedra, onde os datos oficiais facilitados rexistraban 24 horas antes dous casos activos e unha aula pechada. A nova actualización deste xoves xa non inclúe este centro educativo na listaxe de afectados.
Os casos activos de COVID-19 obrigan a manter pechadas catro aulas. No termo municipal de Pontevedra tan só permanece pechadas unha aula do CEIP Praza de Barcelos, onde, ademais, xa hai tan só un caso activos. As outras tres aulas afectadas están na escola infantil Casa do Mar de Marín (ten 1 caso activo), na EI Cotobade Tenorio (1 caso) e no CPI Mosteiro Meis. Neste último centro hai cinco positivos entre a comunidade educativa.
O balance oficial facilitado este xoves polas consellerías de Sanidade, Educación e Política Social da Xunta de Galicia recolle, en escolas infantís, tan só tres centros afectados, os citados de Tenorio e Casa do Mar de Marín e un terceiro en Poio, o Sek Atlántico, cun positivo.
O resto dos centros afectados son:
Pontevedra é o municipio máis afectado, con 14 centros con algún caso activo: CEIP A Xunqueira 1, con dous; CEIP A Xunqueira 2, con tres; CEIP de Cabanas de Salcedo, con un; CEIP Plurilingüe Froebel, con un; CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, con un; CEIP Praza de Barcelos, con un; CEIP Santo André de Xeve, con 1; CPR Calasancio, con dous; CPR Los Sauces, con un; CPR Nuestra Señora de los Dolores, con dous; IES A Xunqueira 1, con tres; IES Frei Martín Sarmiento, con un; IES Luis Seoane, con un; e IES Montecelo, con dous.
Barro: CEIP Amor Ruibal, con tres positivos.
Caldas de Reis: CPI Alfonso VII, con un positivo.
Cambados: CEIP San Tomé, con dous positivos.
Cerdedo-Cotobade: CEIP de Tenorio, con dous positivos.
Marín: CEP Sequelo Marín, con un; CPR Plurilingüe La Inmaculada, con un; e IES Mestre Landín, con un.
Meis: CEIP de Armenteira, con un; e CPI Mosteiro, con cinco.
Ribadumia: CPI Julia Becerra Malvar, con un positivo.
Sanxenxo: CEIP de Noalla-Telleiro, con un; e CEIP Plurilingüe Nantes, con un.
Vilagarcía de Arousa: CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, con un positivo; e CPR San Francisco, con catro.
Vilanova de Arousa: CEIP Plurilingüe Xulio Camba, con un positivo; e IES A Basella, con un.
Relacionadas:
-
Sanidade incorpora a Cambados aos municipios con restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
"Teño covid-19 e dinme que xa estou curado. Sen PCR nin nada que o demostre"
Por Alejandro Espiño |
-
Clases na capela para escapar da covid-19
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Reabren dúas aulas en centros escolares da área sanitaria, que aínda mantén outras cinco pechadas por casos de Covid
Por Manu Otero |