Reabren dúas aulas en centros escolares da área sanitaria, que aínda mantén outras cinco pechadas por casos de Covid
Por Manu Otero
Os centros educativos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistran este mércores 52 casos activos de Covid-19 entre os seu alumnado, profesorado e resto de persoal que obrigan a manter pechadas cinco aulas. Unha cifra que mellora os datos do día anterior no que había sete clases clausuradas. Ademais hai dous novos casos activos aínda que polo momento todos os colexios da área permanecen operativos.
No termo municipal de Pontevedra permanecen pechadas dúas aulas pertencentes á Escola Infantil da Parda (2 casos) e ao CEIP Praza de Barcelos (2 casos). Na escola infantil Casa do Mar de Marín (1 caso) permanece pechada unha clase por un positivo entre os seus alumnos. A mesma situación prodúcese na EI Cotobade Tenorio (1 caso) e no CPI Mosteiro Meis (4 casos). As aulas reabertas pertencen ao CEIP Cruceiro de Vilalonga en Sanxenxo e ao CEIP Praza de Barcelos.
O resto de casos corresponden aos seguintes centros educativos.
Pontevedra: CEIP Froébel (1), IES Luis Seoane (1), CPR Calasancio (2(, CPR Los Sauces (1), IES Montecelo (2), CPR Doroteas (2), IES Frei Martín Sarmiento (2), CEIP Santo André de Xeve (1), CEIP A Xunqueira nº2 (3), CEIP A Xunqueira nº1 (2), IES A Xunqueira nº1 (3), CEIPSAn Benito de Lérez (1) e CEIP Cabanas (1).
Marín: CPR La Inmaculada (1), CEP Sequelo (1) e IES Mestre Landín (1).
Sanxenxo: CEIP Noalla-Telleiro (1) y CEIP Nantes (1).
Poio: EI Sek Atlántico (1).
Cerdedo-Cotobade: CEIP de Tenorio (2).
Barro: CEIP Amor Ruibal (3).
Caldas: CPI Alfonso VII (1).
Ribadumia: CPI Julia Becerra Malvar (1).
Vilagarcía: CPR San Francisco (4).
Vilanova: IES A Basella (2) y CEIP Xulio Camba (1).
Relacionadas:
-
Os centros educativos da área acumulan cincuenta casos positivos
Por Oskar Viéitez |
-
Reabre outra aula pechada por COVID-19 en colexios da área sanitaria, onde hai 52 positivos entre a comunidade educativa
Por Natalia Puga |
-
Sete aulas de centros escolares permanecen pechadas por COVID na área sanitaria
Por Redacción |
-
Sete positivos máis na comunidade educativa e novos colexios afectados en Pontevedra e Ribadumia
Por Natalia Puga |
-
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, son niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada