Sete positivos máis na comunidade educativa e novos colexios afectados en Pontevedra e Ribadumia
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este sábado -con cifras do venres- un total de 48 casos activos de coronavirus que afectan á comunidade educativa de escolas infantís, colexios e institutos, tanto a escolares como ao profesorado e resto de persoal. A cifra supón sete casos máis que os rexistrados o día anterior e ha dous colexios máis con algún tipo de incidencia.
Así, segundo as cifras oficiais facilitadas, hai 48 positivos, ningún colexio está pechado e permanece decretado o peche dunha aula menos que o venres, un total de 9. En toda Galicia, hai 258 positivos e 51 aulas pechadas.
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai un total de 29 colexios afectados, dous máis que o venres. Segundo as cifras facilitadas, detectáronse casos novos en catros centros e deixaron de ter positivos contabilizados outros dous.
Así, súmanse á lista o CElP Santo André de Xeve de Pontevedra, cun positivo; o CEIP A Xunqueira 2 de Pontevedra, con dous casos; o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia, cun; e o CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, con dous positivos. Ningún ten aulas afectadas.
Dos colexios afectados no último listado facilitado o venres hai dous que deixan de ter positivos, ambos de Pontevedra. Trátase do CEIP de Marcón e o CPR Sagraro Corazón de Praceres.
Na última xornada non se rexistraron cambios nas escolas infantís, cun positivo e unha aula pechada na Casa do Mar de Marín, un caso en Sek Atlántico, dous positivos e unha aula na Parda, un positivo e unha aula en Vilaboa e un positivo e unha aula tamén en Tenorio, en Cerdedo-Cotobade.
En canto ao resto de niveis educativos, hai cambios no CEIP de Tenorio, que pasa dun a dous casos e segue sen ningunha aula afectada; o CEIP Mosteiro de Meis pasa de ter dous a catro casos e mantén unha aula pechada, o CPR Calasancio de Pontevedra reduce de seis a cinco os casos e xa non ten ningunha aula pechada e o IES Frei Martín Sarmiento pasa dun a dous casos.
En educación infantil e primaria, teñen aulas pechadas nestes momentos o CPI Mosteiro de Meis (1 aula e catro positivos), o CEIP Praza de Barcelos de Pontevedra (2 aulas e catro positivos) e, en Sanxenxo, o CEIP Magaláns-Dorrón e o CEIP Plurilingüe Cruceiro, ambos cun positivo e unha aula.
A maiores, están afectados con positivos o CEIP Amor Ruibal de Barro (3), o CPI Alfonso VII de Caldas (1), o CEIP de Tenorio en Cerdedo Cotobade (2), o CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín (1), o IES Mestre Landín de Marín (1), o CEIP de Noalla-Telleiro en Sanxenxo (1), o CEIP Plurilingüe Nantes de Sanxenxo (1), o CPR San Francisco de Vilagarcía (1), o IES A Basella de Vilanova (1) e o CEIP Plurilingüe Xulio Camba de Vilanova (1).
No municipio de Pontevedra, os outros afectados son IES A Xunqueira 1 (2), o CEIP A Xunqueira 1 (2), o CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (1) e o CEIP Cabanas de Salcedo en Pontevedra (1).
Relacionadas:
-
Reabren dúas aulas en centros escolares da área sanitaria, que aínda mantén outras cinco pechadas por casos de Covid
Por Manu Otero |
-
A expansión da Covid-19 non para na área sanitaria, con 48 positivos máis nunha xornada
Por Natalia Puga |
-
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, son niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada