"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, los casos que estamos detectando son de niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A información actualizada deste venres referida ás escolas infantís e aos centros educativos sinala que os positivos por Covid-19 afectan a 41 persoas da comunidade educativa de Pontevedra e a súa área sanitaria.
A pesar do rechamante destes datos, que supoñen catro casos máis que os 37 detectados este xoves e dez máis que os 31 de hai tan só dous días, o xefe de Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra, Miguel Álvarez Deza, asegurou este venres que eses contaxios non se producen nos propios centros, senón que os escolares contáxianse nas súas propias casas ou contornas familiares.
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios y los casos que estamos detectando son de niños contagiados por sus padres o familiares", sinalou o doutor Álvarez Deza en declaracións aos medios de comunicación.
Segundo os datos oficiais da Xunta de Galicia relativos aos colexios e escolas infantís, no concello de Sanxenxo os afectados son o CEIP de Noalla-Telleiro (1 caso), o CEIP Magaláns-Dorrón (1 caso e unha aula pechada), o CEIP Plurilingüe Nantes (1 caso) e o CEIP Plurilingüe Cruceiro (1 caso e unha aula pechada).
A Xunta cita no municipio de Pontevedra, a Escola Infantil da Parda (2 casos e unha aula pechada), o CPR Calasancio (6 casos), o CPR Sagrado Corazón (1 caso e unha aula pechada), o CEIP Praza de Barcelos (4 casos e dúas aulas pechada), o CEIP de Marcón (1 caso), o IES Frei Martín Sarmiento (1 caso), o IES A Xunqueira 1 (2 casos), o CEIP A Xunqueira 1 (2 casos), o CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (1 caso), o CEIP de Cabanas (1 caso).
En Vilagarcía de Arousa segue un caso activo no CPR San Francisco e no concello de Vilanova de Arousa hai dous casos, un no IES A Basella e outro no CEIP Plurilingüe Xulio Camba.
En Marín hai na Casa do Mar (1 caso e unha aula pechada), no CPR Plurilingüe La Inmaculada (1 caso) e no IES Mestre Landín (1 caso).
En Cerdedo-Cotobade a Escola Infantil de Cotobade Tenorio (1 caso e unha aula pechada), e o CEIP de Tenorio (1 caso).
No CEIP Amor Ruibal de Barro hai 3 casos e no CPI Mosteiro de Meis hai dous casos e unha aula pechada.
Con un só caso están: en Poio a E.I. Sek Atlántico, en Vilaboa a Escola infantil, e en Caldas de Reis o CPI Alfonso VII.
Relacionadas:
-
Reabren dúas aulas en centros escolares da área sanitaria, que aínda mantén outras cinco pechadas por casos de Covid
Por Manu Otero |
-
Sete aulas de centros escolares permanecen pechadas por COVID na área sanitaria
Por Redacción |
-
Desinfección periódica das paradas de autobús de Cerdedo-Cotobade para aumentar a seguridade sanitaria no transporte escolar
Por Redacción |
-
Sete positivos máis na comunidade educativa e novos colexios afectados en Pontevedra e Ribadumia
Por Natalia Puga |
-
Vilanova súmase aos concellos con restricións e o alcalde aconsella: "Del trabajo, para casa y de casa, para el trabajo"
Por Natalia Puga |