Os concellos e ONGD de Pontevedra recibirán 300.000 máscaras do Goberno como apoio ao inicio do curso escolar
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra iniciou este luns a repartición de 300.000 máscaras entre os concellos e as principais entidades sociais da provincia, no que é xa o terceiro operativo posto en marcha polo Executivo estatal para facer chegar máscaras á poboación desde o inicio da pandemia.
Esta entrega en particular busca apoiar ás entidades sociais e ás familias máis necesitadas coincidindo co inicio do curso escolar.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou este luns o dispositivo de distribución. Neste primeiro día entregaron 97.500 máscaras á Deputación Provincial para su distribución nos concellos de menos de 20.000.
A distribución continuará este martes coa entrega de 60.000 máscaras ás entidades Cruz Vermella, Cáritas e Cermi (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad).
As 142.500 restantes serán distribuídas entre os concellos de Cangas, A Estrada, Lalín, Marín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Vigo e Vilagarcía.
A subdelegada do Goberno lembrou que este é o terceiro operativo posto en marcha polo Executivo para a distribución de máscaras entre a poboación. Na provincia de Pontevedra en abril entregáronse 210.000 entre usuarios de transporte, residencias de maiores, colectivos sociais e empresariais e a principios de maio outras 290.000 a usuarios de transporte, colectivos sociais e concellos. O número total de unidades distribuídas na provincia por parte do Goberno foi de 800.000.
Relacionadas:
-
Os concellos pontevedreses recibirán 54.000 máscaras máis a partir do luns
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno reparte neste mes outras 180.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
Cermi, Cruz Vermella e Cáritas reciben 48.000 máscaras protectoras para as persoas vulnerables
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Subdelegación do Goberno repartirá 192.000 máscaras na provincia, case un millón desde abril
Por Redacción |
-
Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 60.000 máscaras para a súa distribución entre os máis vulnerables
Por Redacción |
-
Entidades sociais de Pontevedra reciben 60.000 máscaras de protección
Por Redacción |
-
57.000 máscaras protectoras, repartidas en menos de 6 horas en municipios de menos de 20.000 habitantes
Por Redacción |
-
A Subdelegación e a Deputación distribúen máis de 140.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
Máis de 120.000 máscaras repartidas na provincia para o seu uso no transporte
Por Redacción |