Os concellos pontevedreses recibirán 54.000 máscaras máis a partir do luns
Por Redacción
Os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia recibirán desde este luns un total de 54.000 novas máscaras cirúrxicas, nun operativo coordinado pola Deputación de Pontevedra no marco do acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a FEMP.
As máscaras repártense con criterios obxectivos en función da poboación, como se vén facendo dende o comezo da pandemia.
Con esta son xa catro as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación, totalizando un total de 266.500 unidades. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de 57.000 máscaras en maio, unha segunda de 97.500 en setembro e unha terceira de 58.000 en novembro grazas a este plan de cooperación institucional.
A Deputación enviou unha nova carta aos alcaldes da provincia para informarlles da chegada deste novo envío destacando que o material está destinado aos colectivos máis vulnerables, xunto a operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais.
Ademais explica os criterios de reparto, que consisten en asignar 500 unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes, 800 aos que teñen ata 5.000 habitantes, 1.100 aos que contan con ata 10.000 habitantes, 1.550 aos de menos de 15.000 habitantes e, finalmente, 1.650 unidades aos concellos de ata 20.000 habitantes.
As caixas, co material correspondente a cada concello, xa están preparadas e listas para o transporte que se fará, directamente, ata as casas do concello ou lugares que indique a persoa responsable de recibilas.
Relacionadas:
-
A Subdelegación do Goberno reparte 360 mil máscaras a entidades locais e sociais da provincia
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno reparte outras 220.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno reparte neste mes outras 180.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 60.000 máscaras para a súa distribución entre os máis vulnerables
Por Redacción |
-
Os concellos e ONGD de Pontevedra recibirán 300.000 máscaras do Goberno como apoio ao inicio do curso escolar
Por Redacción |