A Subdelegación do Goberno repartirá 192.000 máscaras na provincia, case un millón desde abril
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno repartirá unha nova remesa de 192.000 máscaras na provincia. Con esta cifra, acadarán a os case o millón de máscaras de protección repartidas polo Estado entre a veciñanza de Pontevedra.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, durante a visita ao dispositivo de distribución situado no Parque Móbil do Estado lembrou que este é o quinto operativo de distribución de máscaras posto en marcha polo Executivo na nosa provincia dende o pasado mes de abril. Desta forma, repartíronse xa 800.000 mil máscaras entre concellos, usuarios de transporte, residencias de anciáns e colectivos sociais e empresariais.
Da nova tanda, 58.000 serán repartidas pola Deputación de Pontevedra aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Dos municipios cun censo superior a esta cifra, A Estrada e Lalín teñen asignadas 3.000 –cada localidade-, Marín e Ponteareas 3.500, Cangas 4.000, Redondela, 4.500, Vilagarcía de Arousa 6.000, Pontevedra 13.000 e Vigo 45.500. En total, estes concellos repartirán 86.000 máscaras entre a súa poboación máis vulnerable.
Pola súa banda, outras 48.000 máscaras serán entregadas a Cruz Vermella, Cáritas e o Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) para distribuir entre a poboación máis vulnerable da provincia.
Larriba tamén lembrou a importancia do uso deste elemento protector, que se debe "empregar sempre e empregar ben, ademáis de lavar as mans, manter un metro e medio de distancia física, maximizar a ventilación e minimizar o número de contactos". Así mesmo, a subdelegada recordou que recentemente o Consello de Ministros aprobou unha redución do IVE das máscaras ao 4 % e estableceu un prezo máximo para este produto de 0,62 céntimos de euro, "materializando así o obxectivo de garantir o compromiso deste Goberno de non deixar a ninguén atrás".
Relacionadas:
-
Cruz Vermella, Cermi e Cáritas recibiron 60.000 máscaras para a súa distribución entre os máis vulnerables
Por Redacción |
-
Os concellos e ONGD de Pontevedra recibirán 300.000 máscaras do Goberno como apoio ao inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
57.000 máscaras protectoras, repartidas en menos de 6 horas en municipios de menos de 20.000 habitantes
Por Redacción |
-
A Subdelegación e a Deputación distribúen máis de 140.000 máscaras na provincia
Por Redacción |