"O visitante de proximidade, mesmo da propia Comunidade, é o que veu en xullo"
Por Marisa Ciordia
María García Valladares é guía oficial de Turismo en Pontevedra. Leva vinte e cinco anos traballando nesta profesión, e como outras vinculadas a este sector económico, non lembra un verán igual. A súa actividade, neste 2020 escasa actividade, proporciónalle unha radiografía bastante precisa do movemento de visitantes.
No que respecta a este mes de xullo, a primeira evidencia é que "hai xente, pero non a doutros veráns". As causas son evidentes: nuns casos por temor ao coronavirus e noutros polas secuelas económicas desta pandemia. O segundo dato que achega é que estes visitantes veñen de emprazamentos de proximidade, e en bo número, da propia Comunidade Autónoma.
"Apréciase que a fin de semana é cando se incrementa o volume de persoas, e é porque son galegos, do resto das provincias que se achegan a Pontevedra, o que non é o máis habitual. O turismo que se move é o visitante de proximidade. E este ano, non se ve a tantos portugueses como outros anos", indica engadindo que "non hai cruceiros, non hai grupos doutros países, non hai nada, entón estamos a vivir da xente de aquí, dos españois".
Eva García ten identificado o turismo de Pontevedra a través das visitas guiadas que promove o Concello, coas que colabora como guía. "Desde que se puxeron en marcha están a saír todos os días, cos límites que pon a normativa; pero para ser a situación que é, están a chegar aos cocientes e funcionando ben", avanza.
Ademais desta colaboración, Eva, xunto ás súas dúas socias en Guiados Pontevedra, ofrecen desde 2012 diversas propostas para turismo nacional e internacional. Julio foi pésimo, para agosto tiñan a reserva dun grupo pero cancelárona e "xa veremos o que sucede coa reserva doutro grupo en setembro". Unha tesitura que compara á que están a vivir nos hoteis: "a situación sanitaria é a que está a marcar o ritmo. Hoxe resérvanche, prodúcese calquera novidade e cancélanche e dentro duns días pode volver haber reserva".
Nesta tesitura, ante a falta de actividade, sinala que aproveita para facer cursos de formación e "darlle un empuxón ao noso proxecto de fronte ao ano próximo, pensando que 2021 sexa mellor, máis sendo Ano Santo". Con todo, entre estes profesionais hai moita preocupación polo futuro próximo do sector.
Relacionadas:
-
Sanxenxo mantén unha ocupación do 50% no mes de xullo máis atípico da historia
Por Oskar Viéitez |
-
Estiman unha ocupación hoteleira media do 33% en xullo e do 40% para o conxunto do verán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanza a campaña de promoción turística "Ven" poñendo o foco na seguridade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A 'nova normalidade' das visitas turísticas por Pontevedra: toma de temperatura, máscaras e grupos reducidos
Por Redacción |