Alcalde e edís de Campo Lameiro doan o seu salario para mercar unha sulfatadora
Por Redacción
A compra dunha sulfatadora-pulverizadora de tractor, que será destinada a labores de desinfección en todos os lugares e aldeas do municipio, foi posible tras a doazón que o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e todos os membros do seu goberno fixeron do seu salario.
Esta maquinaria permitirá ao Concello ter un novo elemento para a prevención e seguridade sanitaria do municipio ante a COVID-19, especialmente nas aldeas de difícil acceso e que deste xeito poderán beneficiarse dos labores de desinfección que se están realizando.
Os traballos que se realizan a diario "veranse reforzados e facilitados con esta sulfatadora-pulverizadora para tractor que fará que gañemos en operatividade", destacou o alcalde.
O salario doado polos membros do goberno é o que corresponde á dedicación exclusiva do alcalde e mais aos emolumentos que perciben os edís por asistencias a plenos e comisións de goberno.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro crea un banco de empresas para reactivar a economía local
Por Redacción |
-
Campo Lameiro recoñece o "bo comportamento" de 150 menores de 14 anos cun diploma
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Coral Polifónica de Campo Lameiro sementa ánimo entre a veciñanza
Por Redacción |
-
Campo Lameiro reparte 4.500 máscaras de autoprotección a toda a poboación
Por Redacción |
-
A Xunta entrega EPI's aos concellos de Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |