Os especialistas en riscos biolóxicos da Brilat superan as oitenta intervencións en menos dun mes
Por Redacción
Os especialistas en riscos NRBQ (nuclear, radiolóxico, biolóxico e químico) da Brilat realizaron en escasamente un mes, entre o 20 de marzo e o 15 de abril, máis de oitenta intervencións en toda a provincia de Pontevedra. As actuacións máis importantes estiveron na desinfección en 47 residencias de maiores nas que viven máis de 3.500 usuarios.
Ante os datos que foron transcendendo sobre os contagios nestes centros, a Subdelegación do Goberno ofreceu colaboración para os servizos urxentes que fosen precisos. Así, duplicáronse estas tarefas na residencia Domus VI de Cangas, na residencia de maiores dependentes de Vigo e na de Barreiro da mesma cidade.
Xunto a estas residencias para maiores, estas intervenciones de desinfección aplicáronse igualmente na contorna do Centro de Saúde de Caldas de Reis e case cen vivendas tuteladas de localidades como Vigo, Redondela, Rodeiro, Ponte Caldelas e Forcarei; ou en centros de inserción social e drogodependencia, como o Carmen Avendaño de Vigo.
O centro penal da Lama foi obxecto dunha desinfección integral por parte destes especialistas militares. Neste caso, a Brilat recibiu o agradecemento da poboación recluída con aplausos.
A subdelagada do Goberno, Maica Larriba, agradeceu "a dispoñibilidade atopada nos mandos da Brigada Galicia VII, sendo unha vez máis excelentes morotes de colaboración imprescindible nos labores de vixilancia e nas accións de protección, tal e como demostraron en tantas outras ocasións na nosa provincia. Un labor que coñecemos desde a súa incansable loita contra os incendios e agora coa pandemia sanitaria".
Relacionadas:
-
A Brilat retírase e da por finalizada a Operación Balmis de loita contra o coronavirus
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Javier Losada pon en valor a actuación da Brilat durante a crise sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
A Brilat cambia o seu habitual desfile de aniversario por unha tonelada de solidariedade
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O persoal da loita contra os incendios únese á batalla contra o coronavirus
Por Redacción |
-
Coñecer un fillo recentemente nado ou ver unha nai enferma: videochamadas para soportar o confinamento en prisión
Por Natalia Puga |
-
A residencia de maiores de Ribadumia está libre de coronavirus
Por Redacción |
-
A Brilat desinfecta centros de maiores en Cerdedo e Protección Civil encárgase dos espazos públicos do municipio
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Brilat desinfecta dúas residencias de maiores en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Os internos de A Lama agradecen con aplausos o traballo da Brilat para desinfectar o centro
Por Natalia Puga |