Aplausos dos internos da Lama aos militares da Brilat
© PontevedraViva
VÍDEO.- Os internos da Lama agradecen con aplausos o traballo da Brilat para desinfectar o centro

Por Natalia Puga
Un longo aplauso de agradecemento acompañou este mércores aos militares da Brigada Galicia VII, Brilat, durante parte do seu traballo de desinfección realizado no centro penal da Lama. Os internos do penal pontevedrés quixeron, desta forma, darlle as grazas por unha tarefa que saben que é crucial para evitar que os positivos por coronavirus cheguen ás instalacións.
A Compañía NBQ (Nuclear, Bacteriolóxica e Química) da Brilat desprazouse ata o penal pontevedrés este mércores, despois de que o luns militares da Brigada realizasen unha primeira visita de recoñecemento, e limparon a fondo con produtos específicos o interior e o exterior das instalacións.
Neste centro penal, ata o momento, non se detectou ningún positivo, pero solicitouse a intervención dos militares para realizar tarefas de desinfección a modo preventivo, para, desta forma, evitar posibles contagios.
A Compañía NBQ da Brilat aumentou nas últimas horas as súas capacidades coa agregación de persoal e equipo do Rexemento NBQ 'Valencia' 1 e a Unidade de Servizos 'Cid Campeador' de Burgos e este mércores inaugurou con esta limpeza na Lama as tarefas asignadas dentro da operación 'Finisterre'.
A Orde de Operacións 'Finisterre' pretende a desinfección de 55 localizacións na provincia de Pontevedra.
Por outra banda, o Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, no ámbito da Operación Balmis, desprega unidades da Brilat este mércores para realizar patrullas de recoñecemento e seguridade en Ourense, a cidade de Pontevedra, Soutomaior e Salceda de Caselas, así como en Valladolid e as localidades asturianas de Oviedo, Xixón e Pravia.
A Brilat, dentro das Forzas Armadas, púxose ao servizo do Goberno do Estado para ser utilizada nesta situación de alerta e ten como principal obxectivo o apoio á poboación na loita contra a pandemia do COVID-19, en estreita colaboración con Administracións Publicas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Institucións do Estado.
A Brilat realiza tarefas de desinfección no centro penitenciario da Lama
A Compañía NBQ (Nuclear, Bacteriolóxica e Química) da Brilat desprazouse ata o penal pontevedrés este mércores, despois de que o luns militares da Brigada realizasen unha primeira visita de recoñecemento, e limparon a fondo con produtos específicos o interior e o exterior das instalacións.
© BRILAT OC
A Brilat realiza tarefas de desinfección no centro penitenciario da Lama
© BRILAT OC
Relacionadas:
-
O ano que pasou da histeria colectiva polo papel hixiénico nos supermercados á solidariedade máis resistente e altruísta
Por Anxo Lourido |
-
O cárcere da Lama celebra a súa patroa sen actos institucionais e coa satisfacción de levar seis meses esquivando ao coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Coñecer un fillo recentemente nado ou ver unha nai enferma: videochamadas para soportar o confinamento en prisión
Por Natalia Puga |
-
Os especialistas en riscos biolóxicos da Brilat superan as oitenta intervencións en menos dun mes
Por Redacción |
-
VIDEO.- Aplauso mutuo entre o persoal sanitario e traballadores da recollida de lixo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
"Resistiréis, doblando vuestras guardias", a canción coa que os internos da Lama aplauden ao persoal sanitario
Por Natalia Puga |