Pontevedra ten preto de 160 negocios e comercios activos
Por Redacción
A plataforma municipal que permite coñecer en tempo real os negocios e comercios activos na cidade de Pontevedra ten xa 158 establecementos, segundo informou o Concello.
Esta ferramenta, ideada pola Iniciativa Local de Emprego (ILES) a pedimento da concellería de Promoción económica, permite aos cidadáns coñecer os servizos que ofertan, entre elas se teñen repartición a domicilio, ou os medios de contacto con cada negocio.
Na lista inclúense os sectores de alimentación, téxtil, informática, electrodomésticos, reparación, servizos médicos, veterinarias, ópticas, limpeza, seguros, asesorías, xestorías, ferraxerías, beleza e benestar, axuda a domicilio, material de oficinas ou creación cultural.
A iniciativa pretende ser un primeiro paso para, no futuro, crear unha APP de comercio local que, ao estilo doutras coñecidas plataformas, facilite a compra de artigos a través de internet.
Relacionadas:
-
Amigos de Galicia logra emprego para 11 persoas na provincia, pese ao estado de alarma
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra aborda con asociacións de comerciantes os desafíos da desescalada
Por Manu Otero |
-
#PonteLovers conta con seis mesas sectoriais para escoitar as demandas das pemes e negocios de proximidade
Por Redacción |
-
Crear unha marca identificativa, proposta do PP para apoiar o comercio local
Por Redacción |
-
Plataforma #PonteLovers para recuperar a actividade empresarial de proximidade
Por Redacción |
-
‘Pontevedra ten un Puntazo’, agora 'en liña'
Por Redacción |
-
70 negocios estrean a base de datos dos establecementos activos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Que negocios están funcionando en Pontevedra?
Por Oskar Viéitez |