‘Pontevedra ten un Puntazo’, agora 'en liña'

Por Redacción
O programa municipal 'Pontevedra ten un Puntazo' tamén se adapta ao estado de alarma. O Servizo de Promoción Económica porá en marcha un boletín en liña para dar a coñecer as actividades que as empresas participantes estean a desenvolver nestes días.
O obxectivo desta plataforma, á que se poderán unir todas aquelas firmas da cidade pertencentes aos sectores artístico, cultural, educativo ou da innovación que así o desexen, é activar a creatividade, publicitando todas aquelas iniciativas e eventos gratuítos ou de pago nestes eidos.
Esta plataforma poderá consultarse na páxina web e nas redes sociais da Iniciativa Local de Emprego-ILES (www.proxectoiles.es) e nunha pestana específica da web do Plan Municipal de Acción contra o Coronavirus (http:// www.pontevedra.gal/covid-19/).
Trátase dunha iniciativa da concellería de Promoción Económica para achegar o comercio e as pemes locais á cidadanía durante estes días de confinamento polo Covid-19, que se suma a outras de días pasados como impulsar unha base datos coa oferta de produtos e servizos activos no concello.
Promoción Económica recollerá toda a información relativa ás actividades nas que as empresas colaboradoras de ‘Pontevedra ten un Puntazo’ se atopan implicadas, habilitando o correo electrónico ‘administración@proxectoiles.es' para que que se poidan enviar outras propostas ou información.
A edil responsable de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, considera que en vista desta nova situación motivada polo Covid-19, que afecta a todos os cidadáns, "é o momento de fomentar a creatividade e a colaboración entre as diferentes pemes de Pontevedra e de anticiparnos a unha nova forma de construír a cidade".
"Hai que comezar a pensar nos tempos que veñen e nas actividades económicas que poden estar a xurdir e que xurdirán. Neste contexto, temos que unir forzas, talentos e posibilidades", explica a concelleira do PSOE.
Promoción Económica xa ten en marcha un proxecto para o día despois desta crise sanitaria, "para reconstruír a nosa economía e a vida da nosa cidade, polo que un segundo paso desta iniciativa sería a convocatoria dunha reunión cos empresarios para expoñerlles este reto local.
Relacionadas:
-
O Concello de Pontevedra aborda con asociacións de comerciantes os desafíos da desescalada
Por Manu Otero |
-
Plataforma #PonteLovers para recuperar a actividade empresarial de proximidade
Por Redacción |
-
Pontevedra ten preto de 160 negocios e comercios activos
Por Redacción |
-
Pont-Up Store prepara a súa sexta edición pensando nos emprendedores novos e nos senior
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Pontevedra ten un puntazo: A cooperación empresarial e Xeneme
Por Redacción |
-
"Pontevedra ten un puntazo" organiza varios cursos formativos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |