Cuntis apoia os escolares durante o confinamento e imprime a domicilio deberes, apuntes e traballos escolares
Por Redacción
Dentro das medidas para facer máis levadío o confinamento para os escolares, o Concello de Cuntis acaba de poñer en marcha un novo servizo totalmente gratuíto de impresión e entrega a domicilio de deberes, tarefas, apuntes e calquera tipo de traballo escolar.
A iniciativa estará vixente durante a vixencia do estado de alarma provocado polo Covid-19 e ten como finalidade dar cobertura a todos os estudantes e familias que non dispoñen nos seus domicilios de sistemas de impresión e precisan extraer copias para poder desenvolver a actividade educativa dende os fogares.
Todas as persoas que precisen facer uso do servizo deben enviar a documentación para imprimir ao correo cultura@concellodecuntis.es ou por WhatsApp no número 687 49 75 91.
As solicitudes recibiranse preferiblemente polas mañás para realizar as entregas polas tardes. A través desa mesma comunicación debe facilitarse o nome e a dirección do escolar.
O alcalde, Manuel Campos, explicou que esta iniciativa ponse en marcha en coordinación coa dirección do colexio de Cuntis e despois de comunicarse á asociación de nais e pais de alumnos, coa finalidade de que dende o propio centro educativo poidan informar directamente do alumnado que precisa deste servizo e enviar o material para axilizar así a entrega da documentación a domicilio.
Relacionadas:
-
Deberes a domicilio para os maiores de Cuntis: "Creme se che digo que as fichas para cubrir me deron a vida"
Por María José Pita |
-
O 82% do alumnado ten limitacións para comunicarse cos seus profesores, cunha maior afectación no ámbito rural
Por Redacción |
-
O 30% dos estudantes galegos non ten acceso á educación de maneira non presencial
Por Redacción |
-
Cuntis pon en marcha a campaña 'Mata o virus, lava as mans'
Por Redacción |
-
A confección de máscaras une máis aínda á aldea cuntiense de Cardecide
Por Redacción |
-
Cuntis destinará 10.000 euros a familias sen recursos para adquirir comida ou medicamentos
Por Redacción |
-
Manuel Campos, alcalde de Cuntis: "O de Cuntis é un pobo forte e demóstrao sempre ante a dificultade"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción |