A Policía Local de Vilagarcía eleva a 9 as denuncias por incumprir a orde de confinamento
Por Oskar Viéitez
No que levamos de Estado de alarma, a Policía Local de Vilagarcía xa tramitou nove denuncias por incumprimento da orde de confinamento. As denuncias son tramitadas diante da Subdelegación do Goberno, que será a que ditamine o tipo de sanción que lle corresponde, de ser o caso.
Ademáis este venres volveron a rexistrarse algunhas queixas polo exceso de volume da música en algúns domicilios, pero como vén sendo habitual, tan pronto como foron advertidos presencial ou telefonicamente, os propietarios baixaron os niveis de ruído.
Á vista deste caso, como nos anteriores, o Concello de Vilagarcía volve a reclamar a maior colaboración da veciñanza, aínda recoñecendo que a inmensa maioría está a cumprir con tanta disciplina coma paciencia.
NORMALIDADE NO ALBERGUE
Por outra banda, o albergue para persoas sen fogar habilitado en Fexdega comezou a funcionar este venres con total normalidade. Os usuarios -17 homes e 3 mulleres- cumpren perfectamente coas normas e amosan a mesma inquietude que pode manifestar calquera outro veciño que ten que estar confinado na súa propia casa.
A atención ás persoas maiores dependentes, inmunodeficientes ou en risco psicosocial tamén se desenvolve con normalidade, segundo o protocolo establecido polo Concello coa participación de Servizos Sociais, Igualdade e do Servizo de Axuda a Domicilio.
O luns comeza a funcionar o voluntariado de atención a persoas dependentes e as actividades de animación no albergue.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Vilagarcía detén a unha parella por tenencia de drogas e incumprir o confinamento
Por Redacción |
-
Cen días de prisión para un veciño de Vilagarcía que incumpriu catro días o confinamento
Por Natalia Puga |
-
Nove sancións en Vilagarcía por viaxar en grupo en coche a facer a compra
Por Redacción |
-
Máis denuncias: un veciño de Pontevedra paseando o can por Lourido e un home pola rúa para coller wifi
Por Oskar Viéitez |
-
A primeira semana de estado de alarma deixa 45 denuncias en Pontevedra por non respectar o confinamento
Por Natalia Puga |
-
Fexdega acollerá a persoas sen fogar
Por Oskar Viéitez |