Os cidadáns tamén aplauden o traballo dos militares na cidade
Por Marisa Ciordia
Desde o amencer o club social-deportivo militar de Campolongo converteuse en área loxística para a Brilat que está despregada para colaborar no cumprimento das medidas fixadas no estado de alarma. Un emprazamento que en condicións normais é referencia para o esparexemento do colectivo castrense, é este mércores unha trasfega de entrada e saída de todoterreos militares, así como de efectivos que saen do recinto a pé cara ás áreas que lles son asignadas.
Foi nunha destas saídas a pe cando veciños da contorna asomados ás súas xanelas aplaudían a estes efectivos para recoñecer o servizo que están a prestar á sociedade. Desde a base militar da BRILAT en Figueirido manifestaban o seu agradecemento por este tipo situacións: "contar co agarimo da poboación é para nós noso mellor alimento".
Inicialmente este centro de Campolongo seguirá sendo unha área loxística durante esta xornada do mércores e a do xoves, "a priori, porque a situación é cambiante" como sinalan as fontes militares. Se despliguegan ao amencer e se repliegan avanzada a noite. Desde este lugar se distribuen en tres áreas de actuación: a de Campolongo, unha segunda contorna á Ferrería e Peregrina e unha terceira nos arredores da praza de touros e a Alameda.
Relacionadas:
-
A Brilat cambia o seu habitual desfile de aniversario por unha tonelada de solidariedade
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Brilat desinfecta o centro de saúde de Vilagarcía tras detectarse un brote de coronavirus
Por Natalia Puga |
-
A Escola Naval achega as súas instalacións para loitar contra a pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Os #héroesdelsúper dan a cara no Froiz de Echegaray
Por Alejandro Espiño |
-
Deteñen un home por agredir cun pau a un militar da Brilat despregado pola alerta sanitaria
Por Redacción |
-
A Brilat desprégase en "zonas sensibles" de Pontevedra en canto a tránsito de persoas
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Militares da UME desinfectan as rúas de Pontevedra e controlan as saídas dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Despregamento das Forzas Armadas para conter o coronavirus: a Brilat, a Vigo e A Coruña e a UME, a Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada