Deteñen un home por agredir cun pau a un militar da Brilat despregado pola alerta sanitaria
Por Redacción
A Policía Nacional detivo este mércores un home de 54 anos de idade por un presunto delito de atentido ao agredir un militar da Brilat de Figueirido cun pau de grandes dimensións.
O suceso tivo lugar pouco despois das 15:00 horas da tarde no centro de Vigo, concretamente en Praza América, onde o integrante da brigada militar estaba despregado dentro do dispositivo de seguridade establecido tras a entrada en vigor do estado de alarma, por mor da crise sanitaria do coronavirus Covid-19.
Segundo relata a Policía o detido, de nacionalidade española, sen domicilio coñecido e que conta con ata 33 antecedentes policiais, achegouse ao militar armado cun pau de grandes dimensións en actitude ameazante.
Outros dous membros da Brilat que permanecían na praza achegáronse entón para tentar acougar ao home, respondendo este de maneira violenta dándolle un forte empuxón ao primeiro deles á vez que tentaba golpear ao segundo co pau.
Tras o incidente emprendeu a fuxida cara a un centro comercial próximo, onde instantes despois axentes da Policía Nacional localizárono procedendo á súa detención e traslado a dependencias policiais.
A detención foi levada a cabo por axentes do Grupo de Atención ao cidadán da Brigada de Atención ao Cidadán, pertencente á Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela, pasando todo o actuado ao dispor do Xulgado de instrución de Vigo, en funcións de garda.
Relacionadas:
-
Os soldados da Brilat volven patrullar pola Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
A Brilat desprégase en Marín para recoñecer as zonas de especial risco de contaxio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Brilat desinfecta o centro de saúde de Vilagarcía tras detectarse un brote de coronavirus
Por Natalia Puga |
-
A Escola Naval achega as súas instalacións para loitar contra a pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
Os cidadáns tamén aplauden o traballo dos militares na cidade
Por Marisa Ciordia |
-
A Brilat desprégase en "zonas sensibles" de Pontevedra en canto a tránsito de persoas
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Militares da UME desinfectan as rúas de Pontevedra e controlan as saídas dos cidadáns
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Despregamento das Forzas Armadas para conter o coronavirus: a Brilat, a Vigo e A Coruña e a UME, a Pontevedra
Por Natalia Puga | Creada e actualizada