O sector agrogandeiro traballa con normalidade para abastecer os mercados
Por Oskar Viéitez
O campo non para porque non pode. É o responsable da alimentación da poboación e, no caso da gandería, os animais teñen que ser atendidos e requiren diariamente os mesmos coidados. O agrogandeiro é un sector estratéxico.
Lonxe de parar incrementouse a produción no inicio da corentena debido á psicose cidadá diante dun posible desabastecemento que aumentou a demanda das empresas fabricantes e subministradoras de produtos alimentarios.
O Diario Oficial de Galicia publica este luns as novas normas aprobadas pola Xunta onte á noite nas que refire á suspensión da actividade comercial polo miúdo, na que se inclúen dentro das excepcións as ópticas; a actividade das lonxas; e comercio ao retallo de ferraxería, pintura e vidro en establecementos especializados, en tanto que se trata de actividades que deben subministrar ao sector primario, gandeiro, pesqueiro e agrícola elementos necesarios para a súa actividade. Tamén estarán permitidos os servizos que ofrecen os veterinarios, tanto das empresas privadas como dos servizos oficiais.
A entidade Cooperativas Agroalimentarias de España, que engloba ás galegas Coren ou Feiraco, emitía este xoves un comunicado para trasladar "tranquilidade" á sociedade e reiterar que tanto as cooperativas como os seus socios "reforzaron a súa actividade para garantir a subministración á industria e á distribución".
Por outra banda o Consello da Xunta desconvocou todos os actos públicos, tamén os relacionados co medio rural, como son as feiras agroalimentarias e os mercados de Silleda e Amio, en Santiago de Compostela.
A partir deste luns os animais saen directamente das explotacións aos matadoiros mediante o trato directo dos distintos operadores e sen referencias de cotizacións. As pequenas carnicerías ven máis prexudicadas se o seu método habitual de subministración era comprar directamente a tratantes ou a gandeiros.
O Ministerio de Agricultura confirma que para as explotacións gandeiras garantirase a entrada e saída de traballadores cara a e desde unha zona de movementos restrinxidos. Tamén se garantirá a entrada de materias primas (pensos por exemplo) e saída de animais.
Así consta no Real Decreto, publicado o sábado 14 de marzo, no que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
O artigo 15 indica dentro das Medidas para garantir o abastecemento alimentario que as autoridades competentes delegadas adoptarán as medidas necesarias para garantir o abastecemento alimentario nos lugares de consumo e o funcionamento dos servizos dos centros de produción, permitindo a distribución de alimentos desde a orixe ata os establecementos comerciais de venda ao consumidor, incluíndo almacéns, centros loxísticos e mercados en destino.
Contempla ademais este Real Decreto que cando sexa preciso, estableceranse corredores sanitarios para permitir a entrada e saída de persoas, materias primas e produtos elaborados con destino ou procedentes de establecementos nos que se produzan alimentos, incluídas as granxas, lonxas, fábricas de pensos para alimentación animal e os matadoiros.
Relacionadas:
-
RADIO.- Veterinarios, unha profesión maioritariamente ausente nos comités científicos de xestión da covid-19
Por Marisa Ciordia |
-
Permitido o desprazamento a hortas de autoconsumo no concello de residencia
Por Oskar Viéitez |
-
O campo non entende de corentenas
Por Manu Otero & Cristina Saiz & Diego Torrado |
-
A Deputación tramita xa as axudas ás confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras
Por Oskar Viéitez |
-
A corentena ameaza con mandar á quebra autónomos de diversos sectores en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A pesca e o marisqueo reforzan a súa seguridade ante o coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
María Ramallo pide aos marinenses "que non se dean acumulacións nos supermercados"
Por Redacción |
-
A Xunta dá liberdade horaria aos establecementos de alimentación e garante o tratamento do lixo
Por Natalia Puga |
-
Histeria colectiva en Pontevedra a pesar de que supermercados e estancos permanecen abertos
Por Almu Dapena & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Xunta cerra todos os locais públicos agás tendas de alimentación e farmacias e regula os funerais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada