As obras das estradas provinciais en Campelo comezarán en maio
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este xoves a adxudicación das obras da vía que une Portosanto e a praza da Granxa (EP-0601) e da rúa de baixada á lonxa (EP-0602), no termo municipal de Poio.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que as máquinas poderán comezar a traballar de xeito inminente, xa no mes de maio coa chegada do bo tempo, unha vez se asinen formalmente os contratos e se presente a acta de replantexamento -para o que oficialmente hai dous meses de prazo-.
Segundo apuntou o nacionalista, a unión temporal de empresas (UTE) formada por Movimiento de Áridos y Construcciones Arousa SL e Arines Obras y Proyectos SL será a responsable da obra principal.
Para estas obras presentáronse 14 empresas e excluíronse dúas por ofertar baixas temerarias. Finalmente o orzamento de adxudicación é de 1,3 millóns de euros.
No caso das obras da rúa de baixada á lonxa, que inclúen a estabilización do muro de contención da estrada e continuación do paseo litoral de Campelo realizará as obras a construtora Construcciones Castro Figueiro SLU, cun orzamento final de 412.544 euros.
Presentáronse oito empresas e tres excluíronse por presentar ofertas inviables.
Relacionadas:
-
Compromiso da Deputación para modificar a reforma de Campelo atendendo ás peticións veciñais
Por Redacción & Anxo Lourido |
-
Os populares de Poio critican que a reforma de Campelo "non ten nada que ver co que prometeron"
Por Oskar Viéitez |
-
Malestar veciñal pola falta de beirarrúas no acceso a vivendas na reforma da estrada provincial en Campelo
Por Redacción |
-
O Concello de Poio e a Deputación pasan revista aos traballos na estrada de Campelo
Por Redacción |
-
Un total de 19 firmas presentan ofertas para mellorar as estradas provinciais de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
Un novo proxecto mellorará 420 metros de estrada entre a praza da Granxa e as inmediacións do porto de Campelo
Por Redacción |
-
A reforma da estrada de Campelo habilitará unha gran praza na zona de A Granxa
Por Oskar Viéitez |