Un novo proxecto mellorará 420 metros de estrada entre a praza da Granxa e as inmediacións do porto de Campelo
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar o visto bo definitivo ao proxecto de mellora dun treito de 420 metros entre a praza da Granxa e as inmediacións do Porto de Campelo, en Poio.
A actuación ten un orzamento que rolda os 500.000 euros e vai supoñer que se complete a mellora dos 1.800 metros da estrada provincial de Campelo (EP-0601) aprobada a pasada semana, e acadar un cambio xeral na imaxe da zona.
O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, explica que distinguiranse dúas zonas. A primera será na máis próxima ao mar e con características máis rurais, onde se ampliará a sección e deixarán dous carrís e unha senda peonil e ciclista de 2,5 metros de largo. Na segunda zona, que conta cuns 345 metros de lonxitude, habilitarase unha zona de convivencia con pavimentado único adoquinado onde se establecerá una 'zona 30' de velocidade.
Este último treito pasará a ser unha "vía de estar con prioridade peonil", na que tomará moita importancia a iluminación, xa que a coexistencia de tráficos fai que as persoas poidan ser vulnerables. Ante esta situación, instalaranse balizas de iluminación cada 2,5 metros e, como reforzo para a delimitación do espazo peonil con respecto ao dos vehículos, tamén botóns podotacteis cada medio metro.
Un elemento estético que resultará chamativo desta zona será a utilización dun pintado de patróns figurando follas caídas no pavimento, tanto arredor das árbores que se sucederán nun lateral e en diferentes zonas da traza da vía. O obxectivo destes patróns será dobre, como elementos decorativos e tamén como elementos para obrigar ao condutor a prestar atención, xerando certa incerteza que lle faga moderar a velocidade.
Relacionadas:
-
As obras das estradas provinciais en Campelo comezarán en maio
Por Redacción |
-
Un total de 19 firmas presentan ofertas para mellorar as estradas provinciais de Campelo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP recolle suxestións para mellorar as sendas da PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación dá o visto bo oficial ao proxecto da estrada provincial de Campelo
Por Redacción |
-
A reforma da estrada de Campelo habilitará unha gran praza na zona de A Granxa
Por Oskar Viéitez |