Os populares de Poio critican que a reforma de Campelo "non ten nada que ver co que prometeron"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do PP de Poio trasladará ao Goberno Local, nos próximos días, as súas críticas pola reforma da praza da Granxa, en Campelo.
Os populares din ter recollido "o malestar dos veciños" desta parroquia que "se senten enganados" polos "incumprimentos do Concello" en relación á obra das beirarrúas.
A concelleira do PP, Nati Torres, preguntará na Comisión municipal de Urbanismo polas diferenzas entre o anunciado por Concello e Deputación e o estado actual das obras.
Sinala que nas infografías presentadas en setembro de 2018 amosábase unha praza da Granxa peonalizada, con bancos, árbores e outras melloras "que agora non aparecen por ningún sitio".
"Non sabemos si foi por unha cuestión técnica ou de presuposto pero o que esta claro é que non ten nada que ver o que prometeron co que executaron", dixo esta concelleira.
Ademáis pedirán que se dea unha solución á falta de espazos de estacionamento "antes de que remate a obra das beirarrúas". Para os populares, unha alternativa sería comprar, arrendar ou conseguir a cesión de parcelas de particulares para non perder as prazas que desaparecerán coas beirarrúas.
Relacionadas:
-
Reclaman a creación de máis prazas de aparcamento en Campelo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poio crea áreas de estacionamento para servizos en Campelo
Por Redacción |
-
Chelo Besada responde ás críticas do PP á obra de Campelo: "Se tiveran un mínimo de vergoña estarían calados"
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio e a Deputación pasan revista aos traballos na estrada de Campelo
Por Redacción |
-
As obras das estradas provinciais en Campelo comezarán en maio
Por Redacción |