Novas Xeracións acusa á Deputación de "facer falsas promesas co emprego xuvenil"
Por Oskar Viéitez
A presidenta provincial de Novas Xeracións do Partido Popular de Pontevedra, Ana Cristina Pérez Cabaleiro, acusou este xoves á Deputación de Pontevedra de "facer falsas promesas co emprego xuvenil" e lamentou que o goberno provincial (PSdeG-BNG) dea a estas políticas "pouca importancia" o que, ao seu xuízo, amosa unha "despreocupación total" pola mocidade.
Segundo Perez Cabaleiro "a fiabilidade e a credibilidade desta Deputación é cero" e sinalou que "por moito que se empeñen" en "presumir" dun novo plan de prácticas laboráis, "o certo é que nada ten que ver coa paralización do Plan de Prácticas Laborais en empresas e entidades privadas" do anterior goberno presidido polo popular Rafael Louzán.
Recollendo a acusación do grupo provincial do PP, dende Novas Xeracións insisten en que a consecuencia da paralización deste plan foi que "deixaron tirados a 800 xóvenes desta provincia".
Para a presidenta da organización político xuvenil, o novo plan anunciado "non é ningunha solución" porque "hai 800 becas, 800 primeiras oportunidades que xa se perderon".
Ante esta situación, referiuse a presidenta da Deputación para criticar "o silencio de Carmela Silva", polo que, dende Novas Xeracións pídelle "explicacións" e reclaman "en nome da mocidade da provincia" que a Deputación inclúa 800 contratos de prácticas laborais máis no novo modelo que van poñer en marcha en 2019.
Relacionadas:
-
CCOO denuncia irregularidades na contratación de bolseiros na Deputación e Carmela Silva négao
Por Diego Espiño |
-
O PP denuncia o impacto para a mocidade de Pontevedra da paralización do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación recibirá fondos da Unión Europea para un novo proxecto de formación laboral
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación prepara un novo modelo de apoio á formación e o emprego
Por Oskar Viéitez |