A Deputación prepara un novo modelo de apoio á formación e o emprego
Por Oskar Viéitez
O goberno da Deputación de Pontevedra poñerá en marcha o próximo ano un novo modelo de apoio á formación e ao emprego, destinado ás persoas tituladas universitarias e estudantes de Formación Profesional.
A decisión foi tomada polo goberno provincial unha vez que o goberno de España aprobou o pasado mes de xullo un novo Plan Director, que pretende fomentar que os postos de formación sexan de maior calidade e maiores dereitos.
O novo modelo da Deputación será presentado nas próximas semanas aos colectivos empresariais da provincia para rematar de definilo e planificalo, así como incorporar as súas aportacións.
O deputado Carlos Font adiantou que o novo Plan é "un giro de 180 grados" respecto aos diferentes modelos existentes ata agora.