Ence sinala que se rexistra entrada de madeira con normalidade malia a folga de transportistas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Ence comunicou que a subministración de madeira destinada ás biofábricas que a pasteira ten tanto en Pontevedra como en Navia está a se realizar con "absoluta normalidade".
A compañía sinala que a entrada de camións coa materia prima está a levarse a cabo de forma regular nas instalacións, a pesar de que a Plataforma de Transportistas para a Defensa do Transporte de Madeira en Galicia e Asturias convocara un paro para a xornada deste luns.
A Plataforma quere con esta protesta que Ence levante a restrición de acceso ás instalacións ao transportista que atacara a dous ciclistas na entrada ao recinto que a empresa ten en Lourizán.
Pola súa banda, a dirección de Ence indica que non se pode xustificar de ningún modo a agresión do transportista e constitúe un comportamento que a compañía rexeita firmemente. Ademais, asegura que se trata dunha persoa reincidente, que xa agredira a un empregado de Ence en 2015, o que lle ocasionou unha sación dun mes. Por este motivo, os representantes da compañía sinalan que non se pode permitir o risco de que outro feito similar relacionado coa actividade que leva a cabo a empresa volva suceder.
GRAN GUINDASTRE NO RECINTO DE ENCE
Un xigantesco guindastre de case 100 metros de altura instalouse nas dependencias da empresa para levar a cabo traballos de mantemento.
Esta guindastre torre chama a atención desde distintos puntos da ría pontevedresa debido ao seu enorme tamaño.
ENCE NO IBEX 35
A compañía de pasta de papel volveu este luns 24 a cotizar como novo valor do Ibex 35, principal índice de referencia da bolsa española. Retorna tras máis de 20 anos da súa última presenci neste grupo. Ence entra en lugar da cadea de supermercados Día.
A súa entrada provocou que o grupo empresarial teña subido ata os 5,23 euros en Bolsa.
Relacionadas:
-
Os transportistas desconvocan o paro de subministración a ENCE
Por Redacción |
-
Os transportistas cifran no 90% o seguimento do paro indefinido de subministracións de madeira a ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Ence mantén o seu rexeitamento para traballar co camioneiro que agrediu a dous ciclistas
Por Redacción |
-
Transportistas ameazan con non servir madeira a ENCE por non traballar co camioneiro que atacou dous ciclistas
Por Redacción |
-
O Concello ordena a ENCE a "suspensión inmediata" das obras na fábrica
Por Alejandro Espiño |
-
Ence incorpórase ao selectivo IBEX 35
Por Redacción |
-
O Concello paralizará as obras de ENCE nas que se produciu o incendio por carecer de licenza
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Identifican un camioneiro que atacou cun martelo a dous ciclistas no acceso a ENCE ao berro de "te mato"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada