Un quinto premio moi repartido aporta alegría a Pontevedra e Vilanova de Arousa
Por Mónica Patxot & Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O número 29031, que se cantaba pasadas as 10.00 horas, deixou un quinto premio na Administración de Lotaría de Pontevedra situada en Eduardo Pondal e en Vilanova de Arousa, no despacho situado en Augusto González Besada. Un premio, que atendendo á campaña publicitaria do sorteo deste ano, foi moi compartido e repartiuse en máis de oitenta administracións situadas en distintos puntos da xeografía española.
Adela Vence é a administradora do despacho de lotaría do número 50 na rúa Eduardo Pondal e amosábase moi contenta con este premio. Trátase dun décimo consignado por máquina, que á persoa que o adquiriu vaille reportar 6.000 euros.
Esta administración xa repartira un quinto premio en 2012 no sorteo de Nadal. En 2014, entregaba o primeiro premio do Euromillón e en 2011 foi o lugar onde se selou unha quiniela gañadora.
Outro quinto premio, tamén bastante repartido, recaeu en Vilagarcía de Arousa, na administración situada no Centro Comercial Arousa. O número premiado foi o 18596, que saía arredor das 11.40 horas.
O último quinto premio en saír foi para o número 2308, que deixou tamén décimos premiados na administración de San Martín, en Meis, ademais de en dous despachos de Vigo e noutro de Gondomar.