O 04211, terceiro premio da Lotería de Nadal, vendido en Cotobade e en Cambados
Por Redacción
O número 04211, terceiro premio do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal, agraciado con 500.000 euros á serie, 50.000 euros o décimo, deixou un pequeno belisco en Cerdedo-Cotobade.
O premio, o último dos grandes en saír no sorteo celebrado este sábado no Palacio Real de Madrid, vendeuse no estanco Cuiñas do lugar da Chan, na parroquia de Carballedo de Cerdedo-Cotobade. Vendeuse un décimo, o que supón que se repartiron 50.000 euros.
En Cambados tamén este terceiro premio deixou unha cifra de 100.000 euros, correspondentes a dous décimos vendidos en O noso bar, na localidade de Castrelo.
O número, que se cantou ás 13.23 horas, estivo moi repartido e chegou ata as provincias de Burgos, Castellón, Navarra, Valencia, Madrid, Barcelona, Cádiz, Guipúzcoa, Segovia, Santa Cruz de Tenerife, Las Palmas, Islas Baleares, Asturias, Córdoba, Guadalajara, Albacete, Alicante, Almería, Vizcaya, Girona e Murcia. En Galicia tan só se vendeu en Cerdedo-Cotobade.
Tan só catro minutos despois de sair este premio, rematou o Sorteo.
Relacionadas:
-
03347, o Gordo da Lotería cae en Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Bueu
Por Redacción | Creada e actualizada
-
03347, o Gordo da Lotería cae en Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Bueu
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un quinto premio moi repartido aporta alegría a Pontevedra e Vilanova de Arousa
Por Mónica Patxot & Redacción | Creada e actualizada