![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/133/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5bb505161e-5845931d5f-img_4382.jpg)
© Sergas
A xustiza obriga o Sergas a cesar a Isauro Gómez Tato como xefe de Psiquiatría do CHOP
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde ten que cesar de inmediato a Isauro Gómez Tato como xefe de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP). Así o determina un auto da xuíza titular do xulgado do contencioso administrativo número 2 de Pontevedra feito público este mércores.
A xustiza volve fallar a favor do psiquiatra Víctor Pedreira, quen no 2012 optara á praza que fóra finalmente adxudicada a Gómez Tato nun nomeamento declarado ilícito e que non se axustou a dereito.
O auto di expresamente que agora o Sergas debe designar a un responsable en funcións mentres constitúe a un novo tribunal plural e neutral e se repite o proceso administrativo convocado de maneira fraudulenta no ano 2012 para cubrir esa praza no Hospital Provincial. É dicir, o Sergas ten que retrotraer as actuacións seis anos atrás.
No ano 2016 este xulgado xa sentenciou a favor dos intereses de Victor Pedreira e o Sergas recorreu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que en outubro do 2017 volveu dar a razón a Pedreira. O Sergas optou entón por non volver recorrer ante o Supremo pero si alegou ao xulgado que a sentenza era inexecutable .
Con este último auto, o xulgado do contencioso administrativo rexeita o argumento esgrimido pola asesoría xurídica do Sergas de que non era posible executar a sentenza que no 2016 anulou o proceso polo que se adxudicou esa xefatura de servizo ao estar Pedreira xubilado como médico na sanidade pública desde xaneiro do 2015. Ademais condena á administración pública a pagar as costas de todo este proceso.
Contra este auto aínda cabe presentar un recurso de apelación.
Relacionadas:
-
A directora xeral de Recursos Humanos do Sergas rexeita as acusacións de "nepotismo" do PSOE
Por Redacción |
-
Decepción do Colexio de Médicos pola última xuntanza con representantes de Sanidade
Por Redacción |
-
O TSXG da a razón a Víctor Pedreira no seu preito co Sergas pola súa destitución como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
O Sergas terá que volver adxudicar a Xefatura de Psiquiatría do Chop
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG recrimina ao xerente do CHOP a forma en que cesou un xefe de servizo
Por Redacción |