O TSXG recrimina ao xerente do CHOP a forma en que cesou un xefe de servizo

Por Redacción
A Consellería de Sanidade actuou de "mala fe" no proceso xudicial aberto para revisar o ceso do cesamento do xefe de servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), Enrique Vázquez Astray. Así o recolle unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nunha sentenza na que decreta nula esa destitución. Foi apartado do servizo polo actual xerente do CHOP, José Manuel González, o 6 de maio de 2011.
A sentenza declara este cesamento como "non conforme a dereito" e recrimna ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que ocultase documentación a Vázquez Astray a raíz do conflito laboral e posterior demanda xudicial abertos tras a súa destitución. En concreto, repróchalle "non facilitar ao interesado a documentación solicitada, relativa á convocatoria para a praza de xefe de servizo á que se refire o cesamento impugnado, e que, con todo, foi despois presentada no acto do xuízo".
O cesamento do xefe de servizo de Dixestivo xa foi declarado nulo en xaneiro polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, pero a sentecia foi recorrida ante o TSXG. Agora, o Alto Tribunal galego confírmao e reprocha o proceder de José Mauel González, que comunicou por carta a Vázquez Astray a súa detitución inmediata logo de 12 anos como xefe de servizo.
A sentenza do TSXG confirma a do Contencioso de Pontevedra ao entender que o cesamento non estivo argumentado. "Resulta indubidable a crítica que cabe facer á resolución impugnada, en canto acorda o cesamento do demandante no seu cargo, no que levaba máis de dez anos e sen que se faga mención algunha ao motivo de cesamento, aínda que fose de forma xenérica ou por remisión a actuacións anteriores", recolle a resolución xudicial.
O xuíz do Contencioso sinalaba, na sentenza que acaba de cofirmar o TSXG, as formas empregadas por José Manuel González. Entende que "aínda que sexa só en atención ao respecto entre profesionais e ao tempo de servizo nese cargo, así como á honra e prestixio persoal, resulta criticable a forma en que se dispón o referido cesamento".
A actitude que reprocha ao xerente do CHOP o xuíz do TSXG é a mesma que motivou as críticas pola desstitución do xefe de servizo de Psiquiatría, Victor Pedreira, e a que levou a 80 facultativos a facer públicas as súas quiexas para pór en cuestión o mal ambiente laboral do Complexo Hospitalario.
Relacionadas:
-
A xustiza obriga o Sergas a cesar a Isauro Gómez Tato como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG da a razón a Víctor Pedreira no seu preito co Sergas pola súa destitución como xefe de Psiquiatría do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
O fiscal pide o arquivo da causa aberta contra o ex xerente do CHOP por delito contra a integridade moral
Por Natalia Puga |
-
O Sergas terá que volver adxudicar a Xefatura de Psiquiatría do Chop
Por Oskar Viéitez |
-
A Audiencia sobresee definitivamente a denuncia interposta por Víctor Pedreira contra o xerente do CHOP
Por Redacción |
-
O CHOP nega as "coaccións, ameazas ou represalias" denunciadas polos médicos críticos
Por Redacción |
-
Os médicos do CHOP críticos co xerente denuncian ameazas tras facer públicas as súas queixas
Por Diego Espiño |
-
O xerente do CHOP resposta ás críticas dos médicos pola mala situación laboral
Por Oskar Viéitez |
-
75 facultativos molestos polo "desagradable clima laboral" do CHOP
Por Oskar Viéitez |