A Policía Local de Poio, preparada para as festas de Raxó
Por Redacción
As festas que se celebrarán esta fin de semana en Raxó, a Festa do Carme e a Virxe da Saleta, levou á Policía Local de Poio a deseñar un dispositivo de tráfico para velar pola seguridade da veciñanza e a súa comodidade nas diferentes actividades programadas nestas datas.
Así, haberá amplas zonas de aparcamento situadas nas inmediacións do campo da festa, tanto a carón do Centro Cultural Xaime Illa, como na rúa Leopoldo Novoa García, e para facilitar o seu acceso a Policía Local supervisará o tráfico no acceso á rúa da Igrexa dende a avenida Outeiro, coma no acceso á rúa da Praia, de xeito que o tráfico flúa.
Tanto no centro cultural como nas inmediacións do peirao de Raxó haberá puntos de información.
O acceso ao campo da festa será peonil, tanto desde a rúa da Igrexa como dende a rúa Leopoldo Novoa García e haberá unha ruta peonil preferente na rúa Ramon Encinas para facilitar o tránsito dende o campo da festa á zona de atraccións do peirao de Raxó.
Desde o Concello fan un chamamento á colaboración cidadá para o uso dos baños portátiles nas inmediacións do campo e ademais haberá un dispositivo especial de limpeza e recollida de residuos durante o transcurso desta festividade.
Relacionadas:
-
As festas da Saleta encheron Raxó con máis de 18.000 persoas esta fin de semana
Por Redacción |
-
Todo listo en Raxó para as festas da Saleta
Por Oskar Viéitez |
-
O Raxó CF recupera a procesión marítima da Saleta
Por Redacción |
-
Raxó tratará de implicar a toda a parroquia nas Festas da Saleta
Por Oskar Viéitez |